Colaboración técnica ou colaboración critica?

  Despois de ler o documento de Jesús Domingo, Comprender y Redirecionar las prácticas de asesoría, traballado na aula quédome con unha dúbida sobre un dos modelos de asesoramento que plantexa no seu discurso. Cando clasifica os modelos de asesoramento en relación co papel asumido no desempeño da práctica profesional do asesor, el mesmo se posiciona polo modelo de colaboración como o máis idóneo, posto que está baseado na integración e actuación en equipos e co profesorado. Pero á hora de diferenciar que este modelo pode asumir dúas posibilidades non me queda claro por cal delas se posiciona o autor, nin chego a comprender realmente se a colaboración técnica e a colaboración crítica son excluíntes. Segundo a definición que o autor da para colaboración técnica, o asesor é un experto en determinadas cuestións que colabora cos profesionais do centro. Sen embargo a colaboración crítica define que o asesor participa como un colega crítico que cede o protagonismo ó grupo, e que este é en último fin quen toma as decisións, o asesor é aquel que devolve ó grupo a información pertinente.

  Non pode ser un asesor colaborar técnico, e dicir con coñecementos expertos, e crítico ó mesmo tempo? Dende o meu punto de vista, o asesor nun centro educativo ha poder traballar como un colega cos seus compañeiros, onde sexa o grupo o que tome as decisións, pero ó mesmo tempo o asesor delimitar o terreo en moitas cuestións grazas ós coñecementos expertos que ten sobre un determinado campo.

   Considero que Jesús Domingo defende algo semellante ó que eu plantexo cando no seu texto fala de que o máis rentable para o asesor é ubicarse no centro como un colega técnico, experto en contidos e en procesos de traballo en grupo, e que ademais debe partir do modelo e situación concretos para iniciar un proceso de desenvolvemento e mellora educativa.