Comunicación avaliación e-portafolios

Estimadas e estimados estudiantes: Desde o día 5 de xaneiro estou dedicando boa parte do meu tempo á revisión dos e-portafolios desenvolvidos nas materias de Formación e desenvolvemento profesional do profesorado, da Titulación de Pedagoxía (4º curso) e Asesoramento curricular a centros e profesores, da Titulación de Psicopedagoxía  (5º curso), un total de 130 e-portafolios.

Cada unha e cada un de vos recibirá o resultado mediante un informe que enviaré ao correo electrónico que utilizasteis na plataforma. Como todas e todos coñecedes sobradamente, necesitais obter dos catros e tres treses dacordo cos criterios e indicadores de avaliación establecidos na negociación do programa a principios de curso. As persoas que non obteñan ese resultado ten, como sabedes, dúas opcións: a) ir ao examen (días 16 e 17) ou b) presentar o e-portafolios na convocatoria de xullo.

Confío en continuar revisando os mellores e-portafolios posibles en cada unha das materias mencionadas.

Un afectuoso saúdo

Lourdes