Sobre o tema da colaboración

 

Un dos moitos temas que Jesus Domingo aborda no seu texto “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría (Domigo, J; 2010)” é o tema da colaboración. Este tema debatémolo tamén na aula cando empregamos a técnica que a profesora denominou/bautizou como os tres círculos de Montero.

Mónica e Adriana fixeron referencia a que se trata dunha palabra que temos demasiado “gastada” algo co que estou completamente de acordo. Sobre este tema, o da colaboración, creo que é interesante o texto que adxunto nesta entrada.

Trátase dun artigo de J.F.Pozuelos titulado “Asesorar desde la colaboración”. Nel móstrasenos como a colaboración xoga un papel fundamental no asesoramento ademais de aportarnos un breve repaso dos antecedentes e da evolución histórica do mesmo.

Considero que é un artigo moi interesante, sobre todo os apartados onde nos fala da formación nos centros (sobre este tema profundo algo máis na reflexión que realicei sobre o contido do texto) como estratexia para acadar a colaboración, o apartado onde centro o discurso nos aspectos a ter en conta para promover a colaboración entre centros e profesores así como tamén o apartado onde sinala os requisitos que debe cumprir un asesor/a para lograr acadar unha boa implicación na colaboración.

Finalmente quero sinalar que se trata dun artigo moi breve e anímovos a que lle botedes unha ollada xa que como dixen antes creo que o seu contido é moi importante debido a que aborda un tema fundamental no campo do asesoramento.

Espero que o atopedes interesante. Un saúdo.

Referencia Bibliográfica: Cuadernos de Pedagogía, nº 302, pax: 50-54.

O artigo de J.F.Pozuelos: "Asesorar desde la colaboración":

Artigo "asesorar desde la colaboración" de J.F.Pozuelos.

A miña reflexión sobre o artigo:

Reflexións sobre o artigo "asesorar desde la colaboración"