As novas tecnoloxías na educación

A aparición das Novas Tecnoloxía nas últimas décadas do século XX trouxo consigo unha serie de cambios e transformacións que pouco a pouco fóronse aplicando a diferentes ámbitos da sociedade e por conseguinte as nosas vidas. Así, podemos observar grandes transformacións no xeito de comunicarnos, de traballar, de aprender ou de divertirnos. Podemos dicir, como ben se expoñía no vídeo que vimos na última clase expositiva, que estamos ante unha nova sociedade, a "Sociedade do Coñecemento", a cal se caracteriza pola posibilidade de acceder a gran cantidade de información e de conectarse con outros colectivos ou cidadáns fora dos límites do espazo e do tempo.

Fronte a esta nova situación podemos preguntarnos; ¿cal foi o efecto deste cambio na educación?¿como están a afectar as novas tecnoloxía ao proceso educativo? Desde o meu punto de vista, hoxe en día aínda existe un atraso na incorporación das novas tecnoloxías, debido a que implica certos cambios na educación, como poden ser  investir en equipamento ou en formación, pero sobre todo un cambio de actitude ou de mentalidade. outras razóns que se poden destacar para explicar esta lentitude da incorporación das TIC no ensino son, a falta de recursos financieiros ou a dificultade de adapatación por parte dos docentes.

Introducir estes "cambios tecnolóxicos" na educación está sendo cada vez máis unha necesidade, por un lado, supoñen unha vía para mellorar a calidade da ensinanza, e por outro, son un gran apoio para que os xoves poidan desenvolverse sen problemas dentro da nova sociedade.