O asesoramento: definicións.

Adentrándonos de novo no termo de asesoramento, comezaremos tratando o concepto de asesoramento, é dicir, que se entende por asesorar.

Para isto, partiremos de varias definicións aportadas por diversos autores para desta maneira coñecer mellor dito termo e continuar coa análise das súas características, funcións, ámbitos de actuación …

  • Segundo Escudero (1992,9.54.) o asesoramento fai referencia a “un proceso de prestación de servicios a las escuelas y a los profesores por parte de determinados especialistas o expertos en diversos ámbitos disciplinares o programas específicos, ya sea desde instancias privadas o , lo más frecuente, desde estructuras organizadas y legitimadas por la administración educativa correspondiente".

Neste caso, hai que sinalar que non se específica nin o papel a desenvolver polos expertos (especialistas), nin o tipo de servizos a levar a cabo, aínda que en certa medida se deduce que ditos servizos son de axuda.

  • Centrándonos noutra definición aportada por Escudero (1992,p.61.), "el asesoramiento escolar está llamado a ser entendido como un proceso relacional en el que participan determinados profesionales dotados de cierto bagaje de conocimientos, capacidades y habilidades con los que tratan de contribuir a configurar contextos de trabajo, en colaboración con centros escolares y profesores, para la utilización adecuada del conocimiento disponible en la resolución de problemas que tengan que ver con la práctica educativa y su mejora".

En relación a dita definición, pódese destacar a súa vinculación ó ámbito escolar, e facendo fincapé na importancia de levar a cabo a acción de asesoramento conxunta por parte dos profesionais, sendo imprescindible a existencia dun bo clima relacional que posibilite a axuda da mellor maneira posible.

Por outro lado, tamén se menciona a importancia da colaboración e a inexistencia dunha xerarquización á hora de asesorar, se non que o os profesionais do asesoramento tratarán de axudar e resolver os problemas coa axuda de diversos profesionais e non só unilateralmente.

Segundo Aubrey (1990,p.3.) en Rodríguez Romero (1996,9.17):

  • "El asesoramiento es un servicio indirecto que tiene lugar entre profesionales de estatus coordinado. Es iniciado por el asesorado, quién tiene total libertad para aceptar o rechazar los servicios en cualquier momento. Involucra al asesor y al asesorado en una relación confidencial y colaborativa que se configura por las siguientes metas:

- Ofrecer un punto de vista objetivo.

- Ayudar a mejorar destrezas de resolución de problemas.

- Ayudar a incrementar la libertad de elección de acción del asesorado.

- Apoyar al asesorado en las elecciones hechas.

- Incrementar la conciencia del asesorado acerca de los recursos válidos para tratar con los problemas persistentes".

Analizando dita definición, apréciase que o asesor á vez que proporciona axuda para resolver unha situación problemática ou conflitiva, tamén ten a función de ensinar a resolver outras cuestión para as que non será necesaria unha axuda tan directa (asesoramento preventivo). Ademais disto, e mantendo aspectos comúns coas definicións anteriores, Aubrey tamén destaca a importancia da colaboración entre o asesor e o asesorado para tratar de resolver os problemas plantexados.

 

  • Segundo Nieto y Portela (1992) definen o asesoramento como: "Un esfuerzo sistemático y constante orientado al cambio en las condiciones de aprendizaje y otras condiciones internas en una o más escuelas con el fin de lograr más eficazmente las metas educativas".

Mediante esta definición, fan mención ó asesoramento como os procesos de axuda orientados á mellora escolar, é dicir, ó cambio dos aspectos necesarios para tratar de alcanzar unha mellor calidade da ensinanza.

Trala primeira exposición de definicións de diversos autores, a continuación centrareime na posta en común realizada durante as sesións da aula a cerca de que é o asesoramento, posto que penso que son de gran axuda para aclarar máis dito concepto.

En canto á definición de asesoramento, destacar que existía unha gran cantidade de puntos nos que a maioría dos grupos coincidían, como por exemplo acontece con que se corresponde cun proceso de guía, apoio, toma de decisións, un proceso continuo de axuda …

Desta forma chegábase á conclusión de que asesorar é un proceso de apoio, que existe unha relación entre o asesor e o asesorado, que o asesor é unha persoa cualificada … entre outras.

Para centrarnos máis nesta cuestión, é conveniente destacar que existe unha gran amplitude de conceptos que axudarían a elaborar unha definición de asesoramento, entre os que atopamos os seguintes:

Participar, informar, atender, orientar, interactuar, optimizar, consultar, comunicar, colaborar, apoiar, observar, comprender, dialogar, aconsellar, potenciar capacidades, axudar a tomar decisións, guiar, resolver problemas, mellorar, actuar, equipo, seguimento de procesos, asesorar para mellorar, desenvolver, identificar puntos fortes e débiles, actuar con honestidade (ética do asesor/a)…

Desta maneira poderíase definir o asesoramento como un proceso no que un especialista axuda, informa, apoia, aconsella … á persoa que demanda os seus servizos coa finalidade de satisfacer as súas necesidades.

Centrándonos nas definicións aportadas na aula, pódese a apreciar que en cada unha de elas se destacan aspectos relevantes das funcións do asesor/a, e para iso analizaranse de forma máis pormenorizada cada unha de elas.

 

  • En canto á definición de Fernández, 1997:                              

“La función de asesoramiento puede definirse como una operación de diagnóstico, identificación de falencias, en comparación con un modelo e indicación de proyectos de acción”.

Podemos destacar como aspecto importante a acción de diagnóstico e identificación das carencias dunha persoa que trata de pedir axuda coa intención de poder chegar a resolver un problema. Desta maneira atopariámonos ante un modelo clínico, onde unha persoa vai a ser avaliada e diagnosticada co fin de propoñerlle unas pautas de tratamento co fin de solucionar o problema que posúa.

  • Centrándonos na definición aportada por Lippit y Lippit (1986):

“El asesoramiento es una interacción en dos sentidos –un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemas y realizar esfuerzos de cambio”.

Neste caso, é conveniente destacar varios aspectos importantes na definición. Por un lado o carácter bidireccional do asesoramento, isto é, a importancia da comunicación e interacción por parte do asesor/ e o asesorado/a mantendo en todo momento un diálogo para tratar de solucionar un problema ou mellorar unha situación concreta de forma cooperativa. Así desta maneira tamén se podería apreciar a horizontalidade existente entre ambos, sen existir unha diferenza de estatus. Dende outro punto de vista, pódese salientar na definición que o asesoramento pode ser en dous sentidos. Neste caso cómpre destacar que o asesoramento pode ser dunha maneira máis ampla onde calquera persoa que coñece algo e, en función de ese coñecemento presta un apoio determinado a outra, ou no caso contrario un asesoramento restrinxido onde nos atopamos cun profesional especificamente formado para ofrecer un apoio en suposto determinado (experto).

 

Posteriormente, e despois de analizar as definicións sobre o asesoramento, pódese chegar a unha serie de similitudes en referencia a este termo como son as seguintes:

-        O asesoramento é un servizo indirecto que recae sobre un profesional.

-        O asesoramento como un proceso de apoio e axuda.

-        Lévase a cabo unha interacción bidireccional.

-        Non se limita a capacidade de elección e decisión do asesorado/a.

-        Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, existindo así unha horizontalidade.

-        Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.

-        Trátanse asuntos ou problemas prácticos.

-        Traballase sobre a base de acordos negociados.

-        A resolución de problemas vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.

 

Desta maneira, tras analizar diversas definicións aportadas por autores e polo compañeiros da materia, pódense coñecer mellor os aspectos que engloba o asesoramento, para poder realizar unha definición persoal como a seguinte:

  • O asesoramento é un proceso entre o asesor e o asesorado, no que se leva a cabo unha acción de axuda e apoio colaborativa co fin de previr ou resolver os problemas plantexados.