Hot Potatoes ou como crear o noso propio JClic

Hot Potatoes é a ferramenta necesaria ó final dunha idea. Sinxela e dinámica, converteuse cos anos nun recurso bastante empregado en centros educativos para realizar pequenas actividades e exercicios de resolución de preguntas, emparellamento, realización de test.... Pero non se trata dun recurso cerrado, senón que se nos indica como regra de uso deste programa (que é software libre), que os materiais que sexan elaborados sexan compartidos por todos os usuarios de xeito gratuíto. Sen dúbida, unha ferramenta a ter en conta.