Análise de " Reconstruir o asesoramento pedagóxico como práctica de apoio ós centros escolares" de Nieto Cano

  Tras a lectura do artigo de José Miguel Nieto Cano “ Reconstruir el asesoramiento pedagógico como práctica de apoyo a los centros escolares” publicado en Revista de Educación no ano 1996, quédome coa idea de que no momento no que el escribe este artigo o asesoramento é unha práctica que existe nos centros escolares, mais el defende que non se sabe moi ben cara onde dirixir as miradas. Hoxe, 16 anos despois podemos considerar que o asesoramento sigue a ser unha práctica de dificil definición e moi complexa, na cal o liderazgo é un ingrediente clave nos procesos de innovación curricular e organizativa, e polo tanto na mellora na calidade da educación. O liderazgo é  entendido dende fai moitas décadas no terreo do asesoramento como o estado de autoridade formal provinte da xerarquía de mando que, tradicionalmente, fundamentou o funcionamento organizativo e se veu restrinxido a figuras de postos directivos nos centros escolares. Por sorte na actualidade aceptase que o liderazgo se fose abrindo a outra concepción, na cal calquera axente da comunidade educativa, que poida aportar algo á mellora da educación pode exercer o posto de líder nun momento dado no centro. No momento de redacción do artigo Nieto Cano expón que se sigue mantendo unha visión compartimentada do liderazgo, onde eu entendo que está a falar dunha función atribuída a unha única persoa en calquera nivel organizativo, máis como xa vimos nas últimas sesións de clase no artigo de J. Domingo, o liderazgo nos procesos de mellora nos centros educativos ha estar  no propio grupo, que reflexiona criticamente na súa toma de decisións, algo que non se dá masivamente nos centros educativos aínda, peque que añoramos pronto se poida extender por todo o sistema educativo.

   Moi en relación con isto, o autor proponnos dous conceptos que poden definir o estado dos procesos de asesoramento no momento de elaboración do artigo, e incluso na actualidade, como son o celularismo e o elitismo. Neste momento Nieto Cano indícanos que a medida que a estrutura de coñecemento  medrou e se fixo cada vez máis complexa non se desenvolveron mecanismos de coordinación, nin horizontais nin verticais para asegurarse fins comúns, algo que eu considero que aínda hoxe é un gran problema do sistema educativo, e especificamente no que a esta materia supón que o asesoramento non é unha práctica allea a esta problemática.

  Outro dos grandes hitos que trata este autor no seu artigo é a reconstrucción da imaxe do apoio (no ano 1996), e comeza definindo este como colaboración, algo que xa temos traballado intensamente na aula, pero ademais engade o compoñente da corresponsabilidade nesta colaboración. En moitas ocasións pode entenderse que a colaboración carece deste compoñente, mais para falar dun asesoramento eficaz nos centros educativos é necesario falar de que toda a comunidade estea concienciada  da súa responsabilidade compartida no proceso.

   O artigo que acabo de analizar podelo atopar no seguinte enlace (http://www.redined.mec.es/oai/indexg.php?registro=00820073003935), máis está subido como arquivo na miña conta. É unha lectura interesante para a labor de construción que estamos a realizar entre todos no tema do asesoramento curricular.