O asesoramento.

Trala búsqueda e análise de definicións aportadas por diversos autores, e ó coñecer máis en profundidade os aspectos que engloba dito termo, continuarase coa análise das materias que manteñan relación co asesoramento, para desta forma continuar indagando na acción de asesorar e con posterioridade centrarme nos escenarios onde se desenvolve a labor de asesoramento.

En primeiro lugar, e centrándonos no prácticum, pódese sinalar que a través del puiden vivir o asesoramento por aparte da orientadora tanto ós alumnos como ás familias apoiándose no caso que fose necesario noutros especialistas para tratar de resolver os problemas pertinentes.

En canto á materia de Diagnóstico na educación, destacar o asesoramento e orientación por parte dos diferentes membros da comunidade educativa a partir da recollida de información e posterior análise desta. Nesta materia coñecemos as diversas técnicas de recollida de información para posteriormente poder levar de xeito adecuado unha revisión, análise e avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación, e así actuar de forma correcta para chegar á solución dos problemas aparecidos.

En Intervención Psicopedagóxica nos Transtornos do Desenvolvemento, centrámonos en coñecer as características dos principais trastornos e dificultades do desenvolvemento para posteriormente intervir e tomar as decisións máis pertinentes segundo cada caso.

Na materia de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica, esta estivo dividida en dúas partes. Na primeira delas, centrámonos nunha visión global da orientación e intervención psicopedagóxica, a través da análise da situación da escola actual, o papel dos servizos de apoio, os servizos de orientación e os diversos modelos … En canto a segunda parte da materia, esta está máis centrada xa nun modelo funcional dos servizos de orientación no ámbito escolar, os contextos nos que o orientador pode desenvolver a súa acción … ademais de centrarnos nunha das funcións dos psicopedagogos como é o asesoramento.

Por outro lado, na materia de Orientación profesional, tratamos aspectos relacionados coa diferenciación entre asesoramento e orientación, cales son os modelos de orientación profesional, como é o funcionamento dos servizos de orientación profesional, os recursos e instrumentos de intervención …