A sociedade actual

Logo de acudir á sesión de clase da materia "Tecnoloxía Educativa" que tivemos a semana anterior, e do mesmo xeito, asistir onte á materia de "Técnicas de Educación e Formación en Grupo", contrapuxen ambos os contidos abordados, e experimentei unha reflexión acerca da sociedade do hoxe.

Nun primeiro intre, observamos como a profesora que nos imparte a materia de "Tecnoloxía Educativa" nos deixa levar todo tipo de tecnoloxía á clase, xa sexan os portátiles, os teléfonos móviles, ou sen dúbida UNHA LIBRETA, que, como ela aclarou, tamén é tecnoloxía, feito que fixo que en min mudasen algúns esquemas de pensamento sobre os numerosos obxectos que temos ó noso redor, xa que ó fin, estamos plagados de tecnoloxía, e non somos quen de vivir e desenvolver a nosa vida sen ela. Ollemos onde ollemos, obtemos tecnoloxía.

"Vivimos en una sociedad profundamente dependiente de la ciencia y la tecnología y en la que nadie sabe nada acerca de estos temas. Ello constituye unha fórmula segura para el desastre". Carl Sagan.

Analizamos na cita, como verdadeiramente ninguén é consciente do emprego masivo que se fai da tecnoloxía nun día normal, ordinario; como as persoas non nos paramos a reflexionar sobre o tema; como seguimos unha moda multitudinaria, movémonos empuxados polos demais. Feitos que fan que me pare a pensar nos bos valores sociais actuais, dende o meu modo de ver, inexistentes xa. Onde está a capacidade crítica para discernir e elixir entre o uso dun programa informático ou outro? Onde queda a empatía cando todos nos situamos detrás dunha pantalla e non nos metemos na pel do outro ó que só coñecemos por medio da Internet (non temos nin tan sequera unha imaxe fiable del) para sentir o que el sente no seu día a día? Onde queda a confianza nos demais? E, dende a miña óptica, claro está, todo contribúe a que construamos unha sociedade egoísta, que segue aqueles aspectos que a maioría da poboación escolle, sen ningún xuízo crítico. Vivimos no medo a ser xulgados se non seguimos a esa maioría, pero, a cuestión radica no porque, porque temos medo? É que non podemos defendernos a través dos nosos coñecementos? É que, NON existe unha real liberdade? As tecnoloxías cohartan a nosa liberdade?

Cambiando de termo, na materia de "Técnicas de Educación e Formación en Grupo" quedounos constancia expresa que non podemos empregar ningún tipo de técnoloxía (denominado así pola mesma profesora) na aula: non móviles, non portátiles. Amosamos a diferencia xa de terminoloxía existente entre unha profesora e a outra, por exemplo, unha, ó considerar un encerado como unha tecnoloxía educativa, e a outra como un mero recurso educativo máis da aula.

Porén, observamos que aínda que nesta clase de "Técnicas de Educación e Formación en Grupo" as tecnoloxías quedaron a un lado (por así dicilo), estas reaparecen falemos do que falemos. Explicando temáticas e aspectos acerca dun grupo de persoas (cohesión, comunicación...), caemos na conta de estar falando e, realizar reflexións sobre o impacto da tecnoloxía na vida das persoas: nas relacións que se establecen entre uns e outros, na interdependencia das persoas grazas á tecnoloxía e... da soidade?

En definitiva, a tecnoloxía, e a tecnoloxía educativa están inmersas en tódalas esferas da nosa vida (como unha sombra que nos persegue). Temos que saber como empregala para o ben, interconectar persoas de culturas diferentes para crear un coñecemento fructífero, progresar e optimizarnos.

Como conclusión, dicir que, relatei e comentei varios asuntos que se relacionan directamente coas tecnoloxías, non profundicei en cada un deles, máis que nada intentei tocar superficialmente varios deles que nos afectan diariamente (estilos de vida, valores, ideoloxías, coñecementos) e que fan que a sociedade se vaia transformando a pasos axigantados.

Sen máis, espero que os meus pensamentos fagan retervos a razoar acerca do tema das tecnoloxías, se verdadeiramente estamos concienciados do que significan para nós, se somos conscientes dos cambios reais que estamos a experimentar.

 

Comentarios

  • MartaValcarcelRubinos

    A min tamén me impactou o contraste de opinións en canto o uso das tecnoloxías. As veces non é tanto o que nos mesmos podemos pensar das tecnoloxías, senón do que nos pretenden facer pensar, (xa sexan profesores, coma familiares ou mesmo amigos). Moi interesante os argumentos que das.

  • Talia Rodriguez Arribas

    Na miña opinión, ningún de nos percatamonos dos verdadeiros cambios que estan a facer as tecnoloxías nas nosas vidas. Está claro que se botamos a vista fai uns anos, sempre dicimos "como cambiaron os tempos, antes que tiña un móvil en branco e negro e agora o ten todo integrado" ou comentarios das nosas avoas cando dicen "todos son cambios neniña, antes tiña que ir cargando cunha tina na cabeza para ir lavar a roupa o lavadeiro do río, ti non sabes todo o ben que fai a lavadora"; pero fora de estes cambios obvios producidos pola tecnoloxía tamén creo que o que estamos vivindo no "agora" na actualidade, non somos capaces de percatarnos de todo o que está pasando. E para a miña forma de velo, ese é o problema, que a tecnoloxía contrólanos a nos cando somos nós os que a temos que controlar.

  • Berta Varela Garcia

    Unindo ambos comentarios penso que, claramente se reflexionásemos sobre o que sucede hoxe en día coas tecnoloxías, posuíndo un punto de vista crítico non sucedían moitas das situacións que ocorren día tras día, véxase de exemplo todo o que pasa co tema da obsolescencia programada. Pensar no verdadeiro sentido da tecnoloxía, no que trae implícito, xa que como ti dis Talía, é certo que esta nos controla, e no fío do que expós Marta, aqueles que están detrás da tecnoloxía que queren facernos pensar a través dela?

    Deixo aquí un enlace interesante que trata esta situación:

    http://www.taringa.net/posts/noticias/10236697/Tecnologia---Humanos-quien-controla-a-quien.html