As novas tecnoloxías na vida dos nenos.

 Logo de acudir a clase expositiva do pasado martes quedoume unha cousa moi clara, o futuro xa está aquí e é dixital en todos os seus ámbitos, incluso no eido do tempo libre infantil.

A revista da consellería de educación do Reino Unido e Irlanda dinos que os nenos do S.XXI cambiaron as rúas de barrio, a actividade física e o deporte pola televisión, os foros de internet, as redes sociais e a consola.

Recordo que cando eu era pequena, os nenos nos recreos divertiamonos xogando en diferentes grupos. O patio era un lugar no que se respiraba felicidade cheo dos sorrisos e alegría dos nenos que se manifestaban nos berros e nas voces. Eran moi poucos os nenos que contaban con movil ou PlayStation sobre todo nos primeiros anos da miña infancia, a pesar que isto foi cambiando pouco a pouco a medida que a sociedade industrial incorporaba novas formas de pensar e actuar.

A imaxe cambia se nos situamos nun patio escolar da actualidade. A maioría dos nenos xa contan con telefono móvil, ao cal non sempre lle dan o uso que se debería. A presenza das novas tecnoloxías na infancia pode ser moi perxudicial se non se toman as medidas axeitadas. Estamos ante problemas de bullyng moito máis seberos, xa que a ademáis da dor que sinten os maltratados polo simple feito de selo, teñen que aguantar a pena de ver moitos videos colgados nas redes sociais que se atopan a vista de todos.

 niños.jpg

 A ilustración anterior mostra como a presenza das novas tecnoloxías inflúe ata nos castigos aos nenos, os cales deberían servirlles para reflexionar sobre os comportamentos inadecuados que estes manifestaron. Neste sentido máis que axudar a modificar a conducta considero que a alta presenza das tecnoloxías na vida dos nenos a propician xa que o tempo de castigo remata por ser un tempo de lecer.

En definitiva, as novas tecnoloxías convertironse nun compañeiro habitual das nosas vidas, o seu impacto afectanos a todos, pero de xeito máis sensible aos nenos os cales as incorporan en todos os seus aspectos do dìa a día. Con todo non digo que a presenza das tecnoloxías nos máis pequenos son totalmente perxudiciais. Neste sentido cobra vital a importancia a presenza de pais e educadores encargados de garantizar que as primeiras experiencias coas novas tecnoloxías sexan as máis axeitadas para o desenvolvemento e formación dos nenos. 


Webgrafía:

 

http://www.tendencias21.net/conocimiento/Las-Nuevas-Tecnologias-y-la-Infancia_a3.html

http://www.mecd.gob.es/dctm/ministerio/educacion/actividad-internacional/consejerias/reino-unido/tecla/2006/a-20-10-06.pdf?documentId=0901e72b80b696a5