O valor do cambio

   Para achegarse ao mundo da “Tecnoloxía Educativa” vexo preciso crear conciencia do valor do cambio, en canto as novas tecnoloxías aplicadas a educación.  Da primeira exposición de ideas na clase sobre a materia, chamoume especialmente a miña atención un aspecto que me pareceu o fundamental para chegar a comprender a materia, “O cambio, polo simple feito de cambiar o establecido e establecer novos elementos, xera coñecemento”. Gustaríame reflexionar a partires disto, xa que sempre resulta un tema  inquedante o feito de cómo considerar a tecnoloxía só de maneira dicotómica, é dicir positiva ou negativa, non sendo conscientes de que o cambio, pode ser o motor que fai que coñezamos novas vías, para a elaboración dun pensamento crítico cara un tema. ¿Somos polo tanto conscientes dos valores intrínsecos do cambio?.


   "A tecnoloxía non determina a sociedade: a plasma. Pero tampouco a sociedade determina a innovación tecnolóxica: a utiliza". Manuel Castells (2003).


    Abarcando xa máis o tema educativo, o principal cambio metodolóxico que se está producindo na actualidade, é o paso do caderno ao ordenador, como material escolar. Pódese supor entón que o sistema educativo precisa dunha evolución acorde as necesidades culturais e sociais do momento. Partindo pois da análise das novas necesidades sociais e culturais, temos que establecer novos métodos que as  satisfagan. ¿Suponse entón que precisamos dun novo cambio disruptivo, en canto a metodoloxía no sistema escolar?

Aquí vos deixo unhas citas que me fixeron reflexionar sobre o tema.


    “O sistema educativo ten que cambiar para abarcar a totalidade da nosa vida e non como ata agora, que só abarca unha parte”.Joán Mayó, (2007).


 “ O criterio para a selección e posta en práctica do modelo concreto, ou de varios convidados, en si permite abordar eficazmente os fins e cuestións que se propuxeron” (Goetz e Lecompte, 1988).



Comentarios

  • Patricia Romero Rey

         Estou de acordo co que expos, pero tamén creo que non todo cambio é bo, nin necesario...., senón que estamos constantemente producindo cambios basados nuns obxetivos que despois non se cumpren.

         Polo que, referindome  a cita de Joán Mayó, penso que o sistema educativo si ten que cambiar para abarcar a totalidade da nosa vida, pero para producir ese cambio primeiro hai que ser conscientes de cara onde queremos levalo, de cales son as caracterísiticas que debe posuír, de que queremos mellorar.... Pois como dis ti hai que ter en conta, en todo momento e dende un principio, as características sociais e culturais dos axentes que manteñen unha relación directa no contexto no que se realiza o cambio.

     Conclúo este comentario, destacando que, NON todo cambio produce MELLORA! Por iso non sempre temos en conta os valores intrínsecos e outras aspectos que son pilares do mesmo.

     

    Un saúdo!

  • MartaValcarcelRubinos

    Sí, esa pode ser una posición moi apta na exposición da miña idea. Pero, o que procurei facer foi ir máis alá da procura dunha resposta positiva ou negativa. É dicir, ao meu modo de ver sempre soemos pensar nos aspectos positivos e negativos da novidade, como pode ser a tecnoloxía na educación, e non tanto no coñecemento que nos aporta o cambio, para min o verdadeiro coñemento aportado é o saber a través da experiencia de pasar polo sistema antigo ao novo. De maneira que o cambio, danos a oportunidade de ser máis críticos cos puntos floxos e fortes de cada sistema. Para ser máis clara, poñámonos na situación da introducción dos ordenadores nas aulas, a día de hoxe, non se pode falar todavía dun cambio paradigmático na metodoloxía da ensinanza, porén a introducción da tecnoloxía no campo educativo é claro e comenzamos a experimentar neste campo. Penso que  unha vez que señamos realmente coñecedores do uso das tecnoloxías, poderemos chegar a exercer valoracións dela. De ahí, a que pense que as veces chegamos ao absurdo volvéndonos exesivamente críticos cun sistema que non analizamos empíricamente e persoalmente ao longo dun proceso temporal suficiente.

  • Patricia Romero Rey

    Estou totalmente de acordo co que dis, soamente me refería que para ser críticos segundo o cambio hai que ter claro a orientación e a finalidade que se quere conseguir con este, xa non só referíndome a aspectos positivos ou negativos como ben ti dis. Esta claro que para referirnos as valoracións acerca dunha novidade, hai que experimentala, saber como está evolucionando ou como está actuando esa novidade. Pois se non somos coñecedores dela non poderemos chegar a xerar coñecemento nin deixar patente o valor da mesma. Así debemos ter unhas capacidades e sabedorías previas. Smile