Avances tecnológicos. Límites éticos.

http://www.putlocker.com/file/DEAA6B83E85B1B40

Hace unos días vi un episodio de la nueva temporada de Black Mirror, una serie británica cuyos capítulos giran en torno a las sociedades actuales y al uso que éstas le dan a la tecnología. Comparto el enlace del episodio con tod@s vosotr@s para que lo veáis si os apetece.

(A partir de aquí hablaré del contenido del episodio) En este episodio llamado "vuelvo enseguida", se nos presenta a Martha y a Ash, una pareja jóven que vive, como la mayoría de nosotros, muy pendiente de la tecnología. El chico es incapaz de soltar su smartphone, ya que necesita revisar sus redes sociales constantemente, dejando de lado todo lo demás, llegando incluso a no escuchar a su pareja. Sale a hacer una entrega con su furgoneta y sufre un accidente, seguramente provocado por prestar atención a su smartphone y no a la carretera, y muere. En el funeral, una amiga se acerca a Martha y le dice que hay una forma de "mantener vivo" a Ash para que no se sienta sola. Martha rechaza la idea por completo y se va. Pasa un tiempo abrumada y deprimida y descubre que está embarazada. Ante esa noticia se derrumba, no sabe que hacer, no quiere avisar a nadie, se aisla y finalmente decide recurrir a la opción que le había recomendado su amiga. La forma de mantener vivo a Ash consiste en, a través de un programa que recoje todas las publicaciones del difunto de sus redes sociales, crear una copia artificial con la que se puede comunicar y que responderá de la misma forma que lo hacía la persona. Martha, que al principio se muestra reticente, va cediendo y pasa de comunicarse por correo electrónico a hacerlo por teléfono. Vive sólo para para su embarazo y para el Ash artificial, retenido en su móvil. Con el tiempo el programa informático le propone ir más allá, pagar por una copia física de su novio. Reúne el dinero y la compra. La copia es exacta a Ash, responde como él lo haría, pero no es espontáneo, no siente, sólo obedece órdenes. Termina por darse cuenta de que esa copia creada tecnológicamente, no es Ash e intenta deshacerse de él, pero no puede. Pasados unos años, Martha vive con su hija y mantiene a la copia de Ash en el ático, permitiéndole a la niña visitarlo los fines de semana. 

Después de verlo y analizarlo pensé en los límites que estaríamos dispuestos a sobrepasar con respecto al uso y aplicación de las nuevas tecnologías. En el caso de que en nuestros días se pudiese lograr lo que la serie nos cuenta, ¿consideraríais ético llevarlo a cabo? ¿Somos un todo compuesto sólo por las imágenes, los vídeos, los textos,... que forman parte de nuestro mundo virtual?

Por lo que pude leer, ya existen empresas que se encargan de mantener activas las cuentas de las redes sociales de los fallecidos. ¿ Qué os parece la idea? Yo entiendo que es muy duro tener que decir adiós a nuestros seres queridos, pero realmente no serían ellos, no sería algo real, sería un programa el que  estaría utilizando palabras que algún día escribió o dijo, nada más.

Es mi primera publicación y no me siento muy seguro con respecto a ella, pero espero que os guste.

 

Comentarios

  • Adriana

    Muchas gracias por esta aportación¡¡¡ me parece muy interesante. La serie en sí misma es una critica a la sociedad en la que vivimos y nos muestra en espejo el complejo mundo al que nos enfrentamos con no pocas inseguridades. La televisión y los realities, la divulgación y vulgarización de la información, etc. etc. Esto que has planteado es una invitación (provocación) a un análisis profundo al alcance y los riesgos de la tecnologia (su lado oscuro). Desde mi punto de vista muestra también los riesgos de una apropiación superficial, consumista de la misma. ¿Es la tecnología el problema? ¿Son las condiciones que impone su consumo? ¿Es la manera en que encaramos su uso y aprovechamiento? ¿implica esto darle la espalda? Estas y muchas otras preguntas me han surgido a partir de tu valiosa aportación. Espero que se abra el debate para conocer que opinan los demás. 

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Moi interesante entrada, Jorge, gustoume moito. Antes de nada, gustaríame agradecerrte que o outro día me recomendaras a serie e o episodio, encantoume. Descubríchesme unha serie moi interesante. O episodio en concreto non soamente aborda un tema de interese, senón que ademais o fai cunha excelente factura técnica e unhas interpretacións de calidade. Altamente recomendable para todos e todas.

    En canto ao fondo do asunto, e tirando un pouco do fío que apuntas ti, e que extende Adriana, coido que o episodio mostra unha interesante visión ( ao meu modo de ver cun suxerente toque distópico) respecto á relación entre as emocións humanas e as tecnoloxías. E digo distópico porque ao meu parecer, a cuestión do "mozo artificial" pagado con dólares é canto menos arrepiante. Mais dende logo en absoluto é tan fantasiosa como semella. Xa ti ben o apuntas, Jorge, co das redes sociais "para mortos", mais tamén, ampliando un pouco o concepto, e entrando no ámbito da metáfora, todos podemos pensar en casos de relacións máis ou menos afectivas, cargadas de interesado materialismo e  pagadas dun xeito ou outro con cartos. Ao meu parecer, todo isto entra un pouco no comentabamos o outro día en clase: no mundo do "libre mercado" no que con todo se comercia. O outro día falabamos do coñecemento, de como este era ao meu unha importante mercadoría. Mais coido que as emocións e os afectos tamén se están a converter cada vez máis noutro importante producto de mercado.

    Explícome. Esta semana, comentaba en clase como ao meu parecer, a soidade, nas sociedades tecnolóxicamente desenvolvidas, semellaba estarse a converter nunha das maiores "epidemias" do noso século. Fenómenos como o dos hikikomori en Xapón ( http://es.wikipedia.org/wiki/Hikikomori ), a gran proliferación nos últimos anos de páxinas web para coñecer potenciais parellas, as cada vez máis abundantes “relacións virtuais a distancia”; son ao meu parecer signos claros dun proceso de transformación que leva a un maior aillamento do individuo, á unha maior “deshumanización” dos afectos, mediados a través da tecnoloxía. Este proceso é obviamente o efecto colateral dun sistema neoliberal, no cal prima sobre todos os demais o valor da individualidade. Un sistema no cal moi habitualmente os semellantes non son vistos como seres que sinten e padecen, como fontes potenciais de intercambio de afecto, de amizade, agarimo... Non. Moitas veces os semellantes son simples rivais, nunha dialéctica do “todo vale” e “o importante é o resultado” (como tan tristemente defendía unha profesora o cuatrimestre pasado, cando dicía que o importante desta carreira era ter bo expediente para poder ter traballo).

    Dende logo para min esas actitudes, fomentadas polo poder económico, son algunhas das sementes que espallan a plaga da soidade na nosa sociedade (outra quizais sexa a nova “alienación” a través do ocio, pero iso coido que paga a pena ser tratado aparte). Unha plaga que dende logo non resulta en absoluto perxudicial para a mercantilista abominación social que é o neoliberalismo, xa que onde nós vemos un problema, hai quen ve tamén unha oportunidade de mercado. Unha oportunidade que dende logo non se verá aminorada no seu paso por “menudencias morais”, como poden ser os efectos secundarios que isto teña na saúde emocional das persoas.

    E que papel desenvolve en todo isto a tecnoloxía? Pois ben, neste contexto coido que a tecnoloxía é a ferramenta coa que se aproveita o sistema desas necesidades causadas polo individualismo, pola soidade. É un instrumento de gran potencia, un “arma”. E como ben dixo no seu día o profesor Trillo (mais no seu caso referíndose á avaliación), é un arma cargada de futuro, como a poesía naquel fermoso poema de Gabriel Celaya. A tecnoloxía é un arma poderosa, e as armas, mal usadas, poden causar grandes traxedias. Mais o problema é que esas armas actualmente estan sendo practicamente monopolizadas polo poder, polo interese económico, quen se ceba nás masas indefensas, dominándoas e expoliándoas sen contemplación. E digo efectivamente masas indefensas, porque en certo modo, coido que case todos estamos en situación de indefensión respecto á influencia que exerce en nós a tecnoloxía, en indefensión respecto ao mal uso que se poida facer da mesma. Moi probablemente isto sexa debido á carencia dunha tan mencionada “alfabetización dixital ou tecnolóxica”. Por iso penso que precisamos dotarnos de ferramentas que nos permitan xestionar todo ese caudal de posibilidades que ofrecen as tecnoloxías. E esas ferramentas, en forma de competencias, deben achegarse non tanto en forma de educación con tecnoloxía, senón mediante unha axeitada educación para a tecnoloxía.

    A tecnoloxía é un arma poderosa, pero os malos a están a utilizar máis e mellor.

    Mais se cadra iso esté a cambiar. 

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Por certo, olvidouseme comentar que o episodio este lembroume a algunhas outras narracións similares, nas que tamén se trata a cuestión da tecnoloxía e o amor, que coido que se cadra poden serlle de interese a alguén.

    Por un lado, o primeiro acto da ópera "Os contos de Hoffman" (unha ópera marabillosa, ao meu parecer unha das mellores óperas francesas xamais escritas), trata a historia de como o protagonista namora dunha fermosa rapaza sin saber que en realidade esta é unha autómata. O seu engano levarao a un final tráxico. Para quen lle poida interesar, eis, unha das fermosas arias cantadas pola autómata: 



    Outro material interesante ao respecto poden ser dúas películas, as cales coido que ademais de ser filmes de gran calidade, teñen moitísimo que ver co tema abordado polo noso compañeiro Jorge. Por un lado, a película "Air Doll" de  Hirokazu Koreeda, na cal se narra a historia dunha boneca inflabe (si, de esas que se usan como xoguete sexual) que de súpeto recibe un "soplo de vida". Ao meu parecer unha película de grande interese e fermosa factura artística. Eis o trailer: 


    Logo, hai outra película na que tamén se trata un tema parecido. A historia dun rapaz tímido con problemas psicolóxicos, o cal merca unha boneca inchable, a cal comeza a tratar coma se fora unha muller de verdade. É unha película máis dramática do que parece, e dende logo de grande interese. Eis o trailer:  


    Ambas películas veñen ao meu parecer moito ao caso do que comentaba o noso compañeiro. Espero que vos gusten si vos decidides a velas.

  • coral lopez lozano

    Moi interesante a túa primeira entrada no blog, non coñecía a serie e sen dúbida os feitos que relatas son moi chamativos. Así mesmo, coido que as reflexións que aporta sergio complementan en gran medida a introdución que realizaches. Só decir que tratar un tema tan complexo como a ética nos avances tecnoloxicos reflexa sen dúbida a gran problemática que pode suscitar a introdución destes aparellos nas nosas vidas, e como estes poden cambiar as nosas propias relacións xa non só interpersoais, senón incluso as nosas propias actividades.

    Sen dúbida un aporte moi interesante.

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Coral, non me chames Sergio por favor... jajajaja

  • Jorge Boga Martínez

    Moitas gracias polas vosas aportacións, que sen dúbida me agrada ver. Con respecto ó que dicides, penso que si hai unha parte oscura, unha parte mala no uso tecnoloxía actual. Esta dimensión leva en moitos casos a un, na miña opinión, grave proceso de deshumanización, converténdonos en perfiles e datos, en simple apariencia. Vale máis quen máis seguidores ten en determinada rede social, quen máis "me gusta" consigue. Pero, ¿somos realmente nos? ¿Ou existe un "eu virtual" e un "eu real"? É un feito que a tecnoloxía está en todos os ámbitos das nosas vidas e como ti dis, Queco, é unha arma cargada de futuro, pero está nas nosas mans que ese futuro sexa positivo ou negativo para nos como persoas. Non sei se se debería falar de poñer límites, pero penso que si debería de existir unha conciencia ó respecto. Deberíamos ser capaces de recoñecer un bo uso dun pésimo.

    Creo que contamos cunha arma mellor para descubrir, ampliar os beneficios que a tecnoloxía garda. Ésta é a Educación.

  • coral lopez lozano

    Non te chamarei Sergio entón, era máis que nada polos formalismos, jaja

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Estamos entre amigos Coral! :D

    Toda a razón Jorge. Sobre o que comentas, de "converténdonos en perfiles e datos, en simple apariencia" é un tema ao que lle estou dando moitas voltas últimamente. O tema da identidade dentro da "rede"... é un tema que da para moito. Espero que saia a debate algún día en clase.

  • Nerea Bastón Martínez

    Me parece muy interesante tu publicación, lo cierto es que no sigo la serie pero acabas de provocar que me apetezca comenzar a seguirla. Sinceramente no creo que la culpa sea de la tecnología, la culpa es de que quien la utiliza y de cómo la utiliza. Veo como un problema cada vez mayor el hecho de que nos conformemos con relacionarnos con una persona a través de la red, en este caso sobre todo ya que lo único que puede sentir la protagonista femenina es un gran vacío y un contínuo bucle de depresión al no poder ver a esa persona. Lo de "pedirlo por correo" eso ya...... Me parece un tema bastante grave, hay mucho mundo esperando a que lo conozcamos allá afuera.

  • Nuria

    Cautivoume sen dúbida a túa aportación Jorge. Moi boa elección a serie. É un claro exemplo de como os seres humanos facemos uso da tecnoloxía. Pero... ata onde podemos chegar os seres humanos? Onde están os límites éticos dos que se fala? Eu témome a resposta.

  • Jorge Boga Martínez

    Tedes razón, Nuria e Nerea, os límites están nas mans de quen crea e usa a tecnoloxía, é dicir, de tod@s nós. A conciencia e a capacidade de elección de cada un de nós marcará a diferencia entre un bo e un mal uso.