O ROL DA MULLER NAS PELÍCULAS DE DISNEY

 

Tendo en conta a clase interactiva do día 12 de marzo na que fixemos unha reflexión sobre as influencias e impacto das tecnoloxías nas nosas vidas, esta inspirada a seguinte entrada. Unha das mencións que se fixeron facendo esta análise foi a influencia de series televisivas ou de certas películas de Disney nas nosas vidas. Pois ben, interesada nestas películas decidín facer unha pequena análise do papel  que desenvolve a muller nas película  Mulán, La Sirenita, e La Bella y la Bestia a través do análise das súas cancións.

O rol da muller en Disney tráta dun tema moi amplo no que poderíamos analizar moitos aspectos que nos levarían a concluír unha serie de ideas  sobre as características que dun xeito oculto  se emiten do rol da  muller. Poderíase facer unha análise dos personaxes, da relación das películas con mitos da historia, ou analizando o comportamento das princesas no seu contexto.  Pero ben, o  tratarse dun tema tan amplo eu decidín facer a análise das cancións para mostrar unha serie de características que seguro máis de un de vos non imaxinabades.

No comezo da película, Mulán, ten que afrontarse a unha proba para demostrar que cumprirá ben o seu papel como muller, a canción que acompaña a preparación da protagonista acentúa a sospeita  xerada no espectador, a película ten un transfondo machista: “ la honra antigua y familiar/ Podrá crecer también/ Si logras bien casar/ Y descubrir con quién”.

Mulán ten que honrar a súa familia e solo pode facelo casándose con un bo home. A súa familia axúdalle a prepararse para este reto, que solo será superado si consigue pasar desapercibida. Transmítese así a  parte feminina da audiencia, que para honrar a súa familia non debe chamar a atención dentro do grupo.

Na Sirenita, na linguaxe que Ariel usa en toda a película fai intervencións breves e acertadas nas que sempre mostra unha cualidade da sirenita.

Pero si hai algo importante que resalta son as cancións. Por exemplo na canción na que canta Úrsula lese isto:

(…) Tienes tu belleza, tu linda cara. Y no debes subestimar la importancia que tiene el lenguaje corporal. Hablando mucho enfadas a los hombres Se aburren y no dejas buen sabor Pues les causa más placer Las chicas que tienen pudor ¿No crees que estar callada es lo mejor? ¡Vamos! No lograrás tu meta conversando Escúchame y no te equivocarás. Admirada tú serás si callada siempre estás Sujeta bien la lengua y triunfarás, ¡vamos, tú!

Os homes non lle gustan as mulleres que falan, a voz sería un atributo non valorado en Ariel e do que non tería que custarlle desfacerse.

Así aínda que no comezo Ariel mostrase rebelde, o fin a capacidade de elixir e a súa autodeterminación únense para atrapar e amar un home atractivo. Polo tanto sigue reproducindo o papel subordinado das mulleres cara os homes, e perde o encanto do valor de algúns contos de fadas na psicoloxía infantil.

A banda sonora da Bella y la Bestia foi interpretada por Serafín Zubiri y Michelle na versión española . A canción máis destacada da banda sonora é Bella y Bestia na que destaca o novo sentimento que nace entre ambos:  “Algo entre los dos cambia sin querer nace una canción tiemblan de emoción Bella y Bestia son”. Ademais, avoga por uns valores claros: “Cierto como el sol que nos da calor no hay mayor verdad: la belleza está en el interior”.

Pódese dicir finalmente que as protagonistas desenvolven un estereotipo da muller relacionado a casarse e o traballo no fogar. Sobre todo na Bella Y la Bestia a rapaza asume o rol de ama de casa como algo inherente o xénero da muller Ademais observase como non mostran necesidade de maior independencia, polo tanto observase que nestes filmes transmítese unha mensaxe que podemos denominar oculta pero visible a vez.  Tamén é necesario dicir que as princesas de disney foron evolucionando o longo do tempo, polo que non todas as súas características foron deste tipo pero, o meu interese centrouse nestes aspectos.

Espero que esta pequena reflexión  vos sirve, e ademais comprobedes por vos mesmos esta serie de aspectos que non rematan no presentado si non que é un tema amplio que levaría a unha gran análise.

Bibliografía:

Beauvoir, S. d. (1999). El segundo sexo. Madrid: Ediciones Cátedra.

Bruno Bettelheim  (1994) Psicoanálisis de los cuentos de Hadas.

Giroux, H. A. (2001). El ratoncito feroz: Disney o el fin de la inocencia. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Ramos, I. (2009). Desmontando a Disney, hacia el cuento coeducativo. Sevilla: Junta de Andalucía.

Alandete, D. (2009) Las princesas se ponen a trabajar. EL PAÍS, http://elpais.com/diario/2009/12/26/sociedad/1261782001_850215.html.

Digón Regueiro, P. (2006), El caduco mundo de Disney: propuesta de análisis crítico en la escuela, Universidad de Huelva

 

 

Comentarios

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Interesante entrada, dende fai tempo me ven chamando moito a atención o patriarcal dos valores que pretenden transmitir as películas de Disney. Algunhas son certamente denigrantes para a muller, como por exemplo, nunha película, creo recordar que era a Cenicienta, na que o príncipe montaba unha especie de baile para coñecer rapazas e casarse coa que se axustara ás súas preferencias (creo que o tipo era fetichista e o asunto era algo relacionado cun pé ou cos zapatos...), entón el ía buscando entre todas as mozas, aquela que se axustaba ás súas necesidades. Así, a modo de feira de gando. Brutal.

  • Jorge Boga Martínez

    Paréceme moi interesante a túa aportación. Todos estes contos e películas forman parte da nosa infancia e non te das conta dos "valores ocultos" que transmiten ata que te paras a pensalo. Non só ocorre nos contos senón tamén nas películas tanto actuais como antigas. En moitas delas o papel da muller limitase a ser a sombra dun home protagonista ou a ser un ser indefenso que necesita ser rescatado. Xusto o pensei o outro día vendo a IV de Star Wars, onde Leia precisaba ser protexida e rescatada todo o tempo e se namoraba perdidamente do seu salvador.

    En fin, que non todo é o que parece( e menos aínda na nosa sociedade), polo que nos debemos andar con ollo e analizar as cousas con maior atención.

  • coral lopez lozano

    Sen dúbida este un tema moi importante que require unha amplia reflexión, como ti ben dis. Nos últimos anos fálase de evitar os estereotipos de conseguir a igualdade, dende a escola dise que se está a facer, mais considero que o mellor medio para conseguilo, aparte por suposto da educación que che den os teus propios pais, é a través dos debuxos. Os nenos e nenas pasanse largas horas diante do televisor ou vendo películas e considero que en todas elas a muller sempre queda en segundo lugar, ou ben é o trofeo ou ben é a sufridora que termina co principe, a estudiosa marxinada do instituto,... e un sinfín de adxetivos e situacións que o único que conseguen é manter esta situación. 

    Avanzar ante estes feitos e tentar cambialos debería ser a base de calquera novo proxecto audiovisual, aínda que considero que sobretodo no caso da animación infantil outro tipo de traballos non son considerados como deberían, debido en gran parte a venta ou non destes produtos. 

    En fin, considero que analizar estes feitos amplían sen dúbida as nosas miras e a nosa percepción de temas cos que medramos.

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Outro ámbito "delicado" é o dos xoguetes... sen ir máis lonxe non hai máis que ver as bonecas que están de moda entre as nenas...

  • Estefania Lopez Penin

    Como ti dices Coral, os nenos pasan moitas horas diante da televisión por iso creo que é moi importante pararse a reflexionar nesto.  Como dixen aínda que non somos conscientes son moitos os aspectos que poden levar a reflexionar e criticar. A análise das cancións solo é unha pequena aportación pero a investigación sigue aberta, en pouco tempo subirei máis información que sigue reflexando o mesmo e creo que vos vai gustar. 

    Sergio completamente dacordo co tema dos xoguetes!!