Internet: Propiedade Intelectual e Educación.

Fai un par de días lin unha noticia que me chamou poderosamente a atención. A noticia facía referencia as características que ía ter a nova lei de Propiedade Intelectual ( http://www.tudosis.es/2013/la-nueva-ley-de-propiedad-intelectual-convierte-en-policias-de-la-red-a-los-operadores/ ). Na mesma, segundo parece, se lle obligará aos proveedores de internet a revelar as IP das páxinas nas que se ofrezan descargas cuxo contido esté protexido, a fin de que a xustiza poida facer efectivo o peche das web que estimen oportuno. De levarse a cabo, isto tería como consecuencia o peche de decenas de páxinas web de enlaces a descargas.

Deixando un lado a pertinencia ética deste tipo de páxinas (que ao fin e o cabo lúcranse grazas ás descargas), a noticia fíxome pensar nos cambios que está a experimentar a sociedade no que respecta ao libre intercambio de información. Cada vez vemos como é máis sinxelo compartir a información, grazas a unha infinidade de programas, páxinas ou ferramentas (pendrives, discos dúros portátiles), porén, cada vez observamos máis como as diferentes industrias da cultura se empeñan en perpetuar un modelo de Propiedade Intelectual baseado nas restriccións e na exclusividade do producto cultural. Eu, como confeso e compulsivo "compartidor" de material con dereitos de autor que son, coido que neste sentido á industria vai moitos pasos atrás da tecnoloxía. Realmente penso que é imposible, por máis medios que se poñan, acabar co intercambio de cultura a través da rede. Sempre surxirán (como están a surxir a cada intre) novas formas de compartir. Se non son as descargas directas, serán os p2p... ou senón directamente con discos duros, mais coido que sempre haberá xeito de dar e recibir material.

E onde entra a educación en todo isto? Moi sinxelo. Non temos máis que pensar en toda a cultura que temos desfrutado case gratuitamente (non esquezamos que todos pagamos indirectamente un cánon dixital) grazas á rede. Películas, música, aplicacións, xogos... Elementos todos que teñen contribuído indudablemente á ser como somos,a construirnos. Non podería enumerar aquí os centos de películas que teño conseguido ver grazas á rede... O cine de clásicos estadounidenses como John Houston ou Michael Curtiz, o cine mudo de Méliès, Chaplin ou mesmo dos irmáns Lumière, ou tamén os poemas visuais de directores de europa do leste como Kieślowski, Béla Tarr, ou Theo Angelopoulos...por non falar da música, de todas as óperas, concertos, sonatas, discos de rock, pop, jazz, e sobre todo blues, cos que teño desfrutado e aprendido a través da rede.. Un material que dende logo me tería sido imposible desfrutar polo simple feito de non ter recursos económicos. Un material dende logo con un impresionante valor educativo, e que sen embargo tamén ten un grandísimo valor económico, que sen embargo dende o meu punto de vista, debería estar ao alcance de todo o mundo na rede, a modo de enorme biblioteca mundial.

Pero a pregunta é, como se compatibilizaría isto coa problemática dos dereitos de propiedade intelectual? En que punto se debe delimitar a liña entre a industria da cultura e a difusión deste enorme patrimonio educativo? Que solucións se poderían aportar de cara a unha maior democratización da cultura?

Escasas e vagas respostas se me ocorren frente a estas preguntas, espero que entre todas e todos consigamos abrir un debate que contribúa a aclarar un pouco máis a nosa visión sobre este asunto.

Comentarios

  • Nerea Bastón Martínez

    Aínda que me costou semanas aquí estou para comentar a túa publicación. Este é un tema que sempre deu moitísimo que falar, sobre todo nos últimos anos nos que a piratería está a acadar niveis impensables. O certo é que hai moito que agradecerlle a este sistema xa que, como ti dis, achéganos a películas, música, concertos... que de outro modo non poderíamos desfrutar. É moi triste que non tomen medidas que nos favorezcan a todos pero sen roubarnos unha millonada como supón agora mesmo ir ó cine ou comprar un CD.

    É difícil, iso está claro, non todos estaremos de acordo coas medidas que se adopten pero, poderían pensar un pouco máis nos que consumimos. O que está claro é o que dis ti, é una ferramenta indispensable para compartir o coñecemento.