• Blogs
  • Pablo
  • Coñecementos previos sobre "asesoramento"

Coñecementos previos sobre "asesoramento"

Por Pablo

Ola,

continúo afondando nos meus coñecementos previos, e neste caso profundizo no concepto de asesoramento.

Para min o asesoramento pode definirse como a relación que se establece entre dúas persoas, ou un grupo de persoas, durante un período determinado de tempo, por tanto é un proceso, que implica compartir: coñecementos, ideas, inquedanzas, recursos,... de forma conxunta sobre unha temática determinada. Para isto é moi importante que as persoas teñan: unha boa actitude de cara ao traballo grupal, unha alta capacidade de empatía, saíban poñer en práctica a escoita activa, sexan capaces de entender a opinión do outro como unha crítica construtiva, de ser o caso, ou como unha boa idea a ter en conta,... Estos aspectos os considero básicos á hora de traballar en grupo, ou de asesorar e ser asesorado, e penso que todos eles son os grandes esquecidos do sistema educativo, que está demasiado centrado na ensinanza de contidos escolares, deixando de lado estes aspectos actitudinais nun segundo ou terceiro plano.

 

Botando a vista atrás na miña formación universitaria como mestre, non houbo ningunha asignatura que tratase de forma directa o termo de asesoramento, aínda que si algunha delas, trataba da forma indirecta algún tema ou contido relacionado con este concepto.

Durante a carreira de Psicopedagoxía, teño que resaltar que de forma indirecta case todas as asignaturas gardan certa relación co asesoramento, posto que está é unha das tarefas principais dun psicopedago, pero de todas estas asignaturas que conforman o conxunto da carreira, as que gardan máis relación co asesoramento, baixo o meu punto de vista son.

 

  • Modelos de orientación e intervención psicopedagóxica: esta asignatura profundiza. nos diferentes modelos de orientación, na importancia do asesoramento, na optimización de recursos para o proceso de ensinanza-aprendizaxe, no ámbitos lexislativo da orientación,... partindo sempre dende unha perspectiva construtivista da aprendizaxe. Tamén se afonda no perfil do psicopedagogo como un asesor-colaborador que forma parte dunha comunidade na que interactúa cos diferentes axentes, fuxindo do perfil de asesor-experto.
  • Orientación profesional: trata aspectos relacionados coa orientación profesional en diferentes ámbitos e especialmente no educativo. Ser coñecedor das diferentes oportunidades existentes a nivel laboral, e as estratexias máis adecuadas á hora de levar a cabo unha entrevista, a elaboración dun currículum,..., paréceme que garda unha estreita relación co rol do asesor.
  • Diagnóstico en educación: esta materia establece as bases teóricas e prácticas sobre o diagnóstico en educación. As ferramentas de diagnóstico son moi importantes para un psicopedagogo no momento do asesoramento para recoller información sobre a persoa ou grupo de persoas a asesorar. Cómpre saber: as súas necesidades, inquedanzas, situacións socio-familiares, antecedentes ocurridos, expectativas, potencialidades,... e isto se consegue levando a cabo diferentes técnicas de diagnóstico, que permitirán compartir a información e trazar un camiño conxunto.
  • Psicoloxía da personalidade e Procesos Psicolóxicos básicos: estas dúas asignaturas afondan en aspectos tan importantes como: a motivación, a emoción, os diferentes procesos e comportamentos das persoas, as expectativas, os estereotipos, os prexuizos... dende un enfoque psicobiolóxico e resaltando a repercusión dos memos a nivel individual e social. Todos estes aspectos os ten que ter en conta calquer asesor á hora de desenvolver adecuadamente o seu traballo.
  • Psicoloxía da instrución: nesta materia trátanse temas relacionados co asesoramento ao profesorado, profundizando no diagnóstico, na avaliación, na motivación,... dende un enfoque construtivista do ensino-aprendizaxe.
  • Intervención Psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento, Dificultades de aprendizaxe e intervención psicopedagóxica, e Educación especial: todas estas asignaturas profundizan nas características de diferentes enfermidades ou trastornos que conlevan unha dificultade específica para as diferentes persoas que as padecen. Así mesmo, establecen as estratexias e ferramentas para axudar as estes nenos ou nenas que teñen estas necesidades de apoio específico. Todo psicopedagogo debe coñecer estes aspectos, para axudar a persoa que ten esa necesidade de apoio específico, e para guiar e asesorar a todos os axentes que inflúen significativamente no seu desenvolvemento.
  • Orientación educativa e titoría: afóndase nos diferentes niveis de orientación: equipos de orientación específicos, departamentos de orientación e a titoría dende unha perspectiva lexislativa e pedagóxica, dando diferentes estratexias a ferramentas para levar a cabo o labor de asesoramento nos diferentes niveis e cos diferentes axentes.
  • Deseño, desenvolvemento e innovación do currículo: esta materia garda moita relación co rol do psicopedagogo nun centro, pois establece as bases necesarias para elaborar un proxecto educativo dunha escola dun xeito colaborativo.

Con isto dou por rematada a miña búsqueda persoal no coñecemento previo do asesoramento, e comezo xa a poñer a mirada no seguinte concepto que será o de “centros”. Pero isto xa será obxecto doutra entrada neste blogue.

Saúdos