"Tres escenarios en una época de cambio".

Trala lectura do artigo “Tres escenarios en una época de cambio” de Mª Mar Rodríguez Romero, e mantendo relación coa anterior entrada no portafolios (ámbitos nos que se pode desenvolver o asesoramento), pódense destacar tres tipos de asesoramento diferentes como son o asesoramento dende unha posición de superioridade, unha proposta conservadora e progresista e finalmente unha proposta na que priman os esforzos por conseguir a xustiza social.

A continuación amósanse de forma detallada algunhas das características propias de cada un dos tipos de asesoramento:

1)    Asesoramento e comunidade discursiva da excelencia:

  • Descártase a posibilidade de traballo entre iguais.
  • Existe unha posición de superioridade en canto a coñecemento e destrezas.
  • Neutralízase a voz do profesorado.
  • No punto de mira atópanse os profesionais dos centros públicos, por ser os que máis axudan necesitan.
  • Importancia no rendemento e a calidade.
  • Os asesores burócratas, forman a base do sistema de apoio.

 

2)    Asesoramento e comunidade discursiva da reestruturación:

  • Existe unha posición de ambigüidade.
  • Céntrase en promover un futuro a través de técnicas e tácticas renovadoras.
  • Non se trata de aumentar as responsabilidades do profesorado, senón de eludir responsabilidades das unidades centrais na toma de decisións problemáticas.
  • Os sistemas de apoio estimulan a autonomía da escola, a cal serviría para lexitimar unha visión consumista da educación.
  • As estruturas de apoio tratan de mediar entre as familias e as diversas opcións educativas a elixir.
  • O asesoramento ofrece posibilidades abertas pero con obxectivos previamente fixados.
  • O asesoramento emprégase para aumentar a democracia nas escolas a través do traballo cooperativo co profesorado e a atención a cada centro educativo.
  • Estimúlase a creación de redes de apoio profesionais a partir das redes de apoio informal xa existentes.

 

3)    Asesoramento e comunidade discursiva das políticas culturais:

  • Existen unha multiplicidade de tendencias e grupos.
  • O asesoramento atópase vinculado ó aumento das posibilidades de desenvolvemento educativo dos grupos sociais que por razóns de diferenza carecen de opcións.
  • Son claves para o asesoramento as relacións sociais de desigualdade para tratar de acadar unha xustiza social.
  • As diferenzas de clase social, etnia, xénero, nacionalidade, relixión, orientación sexual … son o principal foco de atención do asesoramento.
  • O asesoramento posúe un carácter participativo e colaborativo.
  • O asesoramento busca a posibilidade de acadar cambios institucionais, de conciencia e cambios educativos.
  • A diversidade debe implantarse no principio da igualdade.

"Tres escenarios en una época de cambio". Mª Mar Rodríguez Romero.