Aldea Global

A implantación na sociedade das denominadas "novas tecnoloxías" produxo e está a producir unha chea de cambios. As primeiras clases da materia Tecnoloxía Educativa, axudáronme a ser consciente

 de que non só os instrumentos, a maquinaria, os aparellos electrónicos, e demais artefactos; son tecnoloxía, se non que ésta vai máis alá. Sen ir máis lonxe, calquera elemento que axude ou facilite o

proceso de ensino-aprendizaxe.

Estos medios van a modificar o ambiente e en consecuencia de unha ou outra forma, a nosa maneira de pensar de actuar , de relacionarnos, e en definitiva; a nosa percepción da vida e de todo o

que nos rodea.

Non obstante, isto non significa que todas as introduccións supoñan cambios, e que eses cambios, supoñan sempre melloras ou innovacións.

Coa intención de querer profundizar nos "efectos adversos" ou contras, das tecnoloxías, atopeime co termo de "Aldea Global", acuñado por Marshall Mcluhan.

Como todos sabemos e podemos experimentar, determinadas innovacións tecnolóxicas, como por exemplo internet ou o ámbito da telefonía, permiten a comunicación e o achegamento entre persoas

que se encontran en diferentes lugares do mundo de maneira rápida e sinxela.

Deste xeito, créase según Mcluhan, unha interdependencia social entre todos os habitantes do planeta, chegando a comunicarse todos entre sí, transformándose mutuamente formando unha especie

de cultura global común. Unha aldea, da que todos en teoría, participan.

Pero, ata que punto isto é positivo?, En que medida se desprestixia e se perde a cultura propia de cada comunidade , en favor dunha cultura única?, teñen todos os habitantes da "aldea" as mesmas

posibilidades de participar desa comunicación? de que xeito afecta ao desenvolvemento da personalidade propia? afectará esa intercomunicación a destruír ou incrementar as desigualdades? E xa por

último, no caso de que exista realmente esa cultura creada polas tecnoloxías, como afectaría ésta ao desenvolvemento da educación?

Baixo o meu punto de vista, este concepto de aldea é unha utopía.

Lonxe de que se dé unha confluencia de intelixencias e un encontro de ideas para conseguir a mellora da sociedade no seu conxunto; o que prevalece na actualidade e o emprego desas tecnoloxías

como instrumento de promoción social mostrando unha clara dependencia consumista. 

Que pensades vós, somos unha aldea escrava e sumisa ante as tecnoloxías? ou pola contra, facemos un uso intelixente delas? contribúen as tecnoloxías ao aillamento ou favorecen a cohesión social?

En calquera caso, dependerá do uso que fagamos delas. 

A resposta as cuestións anteriores considéroa relevante para a nosa formación como  pedagogos/as, xa que entre outras cousas vamos a ser nós os que teñamos que formar nestes medios.   

Aquí vos deixo uns vídeos, que espero vos axuden a reflexionar sobre o tema:



Webgrafía:

http://www.almiron.org/otros25.html http://www.uniweb.cl/tatiana.simpson/7_tatiana_simpson.pdf http://busateo.es/busateo/Libros-inmortales2/MC%20LUHAN%20MARSHALL%20-%20La%20galaxia%20Gutenberg/get_file.pdf

http://www.uniweb.cl/tatiana.simpson/7_tatiana_simpson.pdf

http://www.almiron.org/otros25.html