Funcións ou tarefas do asesor/a.

Continuando co afondamento no termo de asesoramento, nesta entrada centrareime nas diversas función ou tarefas realizadas por un /unha asesor/a.

En primeiro lugar destacar as seguintes funcións que poden ser desenvoltas por un asesor/a:

  • Proporcionar información.
  • Formar.
  • Proporcionar apoio á persoa que o necesite.
  • Colaborar.
  • Guiar.
  • Acompañar.
  • Interactuar / dialogar.
  • Aconsellar.
  • Axudar.
  • Tomar decisións.

Tras esta exposición, centrarémonos nas diversas clasificacións elaboradas por diferentes autores en relacións as funcións dos asesores/as, comezando por Havelock (1969), o cal perfilou tres tipos de funcións como son as seguintes:

  • “Sujeto que ofrece soluciones externas a  instituciones y personas.
  • Mediador de información entre el sistema de conocimiento y sistema usuario.
  • Colaborador en la identificación y resolución de problemas”.

 

Crandall (1977) identificou unha serie de funcións dos asesores dende a perspectiva do cambio educativo:

  • “Identificar programas y recursos.
  • Facilitar procesos para el desarrollo y diseminación de la información.
  • Aportar información  específica para desarrollar programas.
  • Poner en marcha procesos de investigación – acción.
  • Formar en actividades y habilidades de enseñanza.
  • Facilitar procesos, creando capacidad en las escuelas para su  autodesarrollo”.

 

Por outro lado, Stillman y Grant, (1989) realizaron unha agrupación das funcións desempeñadas polos asesores/as en dous tipos como:

  • “Dar apoyo directo a los enseñantes en el centro en relación con el curriculum.
  • Ofertar formación permanente por medio de cursos”.

 

No caso de  Saxl e Miles (1987,1988) e tras un estudo de Lieberman, identificáronse varias función de apoio por parte dos asesores, pero finalmente establecéronse seis dimensións integradoras de ditas función, como son as seguintes:

  • “Creación de relaciones de confianza, claridad de metas y definición precisa de funciones, responsabilidades y expectativas.
  • Diagnóstico de la organización.
  • Activación de procesos de desarrollo inspirados en la resolución de problemas.
  • Facilitación del trabajo y de los procesos de grupo.
  • Facilitación de la utilización de recursos.
  • Creación de capacidad, confianza y compromiso para la   continuación de procesos de mejora” (En Escudero, 1990, p.89)

 

Finalmente Rodríguez Romero (1996) contempla para o asesor as seguintes tarefas:

  • Investigación e análise, realizando e/ou sintetizando investigacións e diseminando directrices de política educativa.
  • Avaliación de prácticas escolares, axudando ás escolas a coñecelas e sistematizalas.
  • Desenvolvemento de materiais, métodos ou procedementos.
  • Demostración e modelamento de novas prácticas e métodos educativos.
  • Información sobre resultados de investigación e novos métodos pedagóxicos.
  • Planificación a nivel de centros educativos.
  • Establecemento de relacións entre centros educativos ou grupos implicados en proxectos similares.
  • Formación do profesorado en novas prácticas educativas.
  • Asesoramento para seleccionar e desenvolver novos programas.
  • Apoio aos centros educativos para desenvolver as súas propias dinámicas de innovación.