A Aprendizaxe Cooperativa e as TIC

 A aprendizaxe cooperativa foi dende o comezo da miña viaxe polo Grao en Pedagoxía un dos puntos que me resultaron máis atractivos, tanto pola súa manifesta utilidade para o traballo cotián, como pola súa concepción transformadora dos procesos de ensino-aprendizaxe, e en certo modo tamén da realidade política e social. É este pois un modo de traballar que leva implícita unha certa mensaxe, un certo alegato en favor dunha educación que tome por seus valores como o da solidariedade, o compromiso ou mesmo a democracia. Valores que dende logo, nunha sociedade de cada vez máis marcado carácter neoliberal semellan esvaecerse por momentos. As orixes da aprendizaxe cooperativa podemos atopalas en diversas raíces, que de xeito diverso foron conformando os alicerces desta práctica educativa, algunhas destas raíces podemos atopalas en pedagoxías como as levadas a cabo por figuras como as de Ferrer i Guarda na súa Escuela Moderna, Dewey dentro do ámbito da chamada Educación Progresiva, ou moi sinaladamente Celéstin Freinet, como unhas das figuras máis senlleiras dentro do movemento internacional da Escola Nova en Europa. (Moreno Aparisi, García López; 2008). Posteriormente, este testigo sería recollido por autores como Kurt Lewin ou Morton Deutsch, dentro do ámbito da psicoloxía social. Estes autores serían quenes, baixo unha óptica de grande influencia constructivista (ineludiblemente deudora dos traballos de Vygotsky e Piaget, así como dos traballos realizados ao abeiro da Escola de Xenebra) realizarían os maiores aportes teóricos dentro do ámbito da aprendizaxe cooperativa. No relativo a estes aportes, podemos considerar resumidamente as seguintes carácterísticas como definitorias da aprendizaxe cooperativa:

 

-O alumno é concebido como o principal protagonista do seu aprendizaxe. É dicir, a aprendizaxe cooperativa é unha aprendizaxe "activa", orientada ao logro da plena autonomía do educadando. (Ferrière, A; 1971)

 

- O alumno non é un individuo aillado, senón que se atopa inmerso no grupo, o papel do profesor é o de coordinar o traballo do conxunto do grupo.

 

-Os obxectivos plantexados de antemán soamente poden ser acadados mediante o traballo conxunto, sendo imposible resolver os problemas presentado de xeito individual. Existe polo tanto unha meta conxunta, á que se chega de modo colaborativo.

 

Unha vez presentado de xeito resumido o que é a aprendizaxe cooperativa, gustaríame plantexar a seguinte pregunta: que papel teñen as TIC dentro do eido da aprendizaxe cooperativa? Esa foi, dende logo, unha das primeirísimas preguntas que me plantexei ao comezar a materia de Tecnoloxía Educativa. Non sería ata agora, ao comezar a documentarme sobre o tema para escribir este texto, cando comezaría a albiscar algunhas das potencialidades das TIC a este respecto. A miña primeira pesquisa reveloume un concepto no que nunca antes tivera reparado: os Entornos Persoais de Aprendizaxe (EPL nas súas siglas en inglés). Os EPL son aqueles "conjuntos de herramientas, fuentes de información, conexiones y actividades que cada persona utiliza de forma asidua para aprender" (Adell, Castañeda; 2010). É dicir, o EPL é aquel contexto tecnolóxico-relacional sobre o cal o individuo constrúe a súa aprendizaxe. No relativo as ferramentas que habitualmente usamos neste tipo de entornos, e seguindo coa estrutura da definición anteriormente citada, poderíamos falar de tres grupos:

 

-Ferramentas de acceso á información: neste grupos atopamos as "wikis", páxinas como Slideshare, dicionarios ou enciclopedias online, etc.

 

-Ferramentas de elaboración e edición de información: programas de ofimática (como por exemplo Open Office, Google Drive), programas para crear esquemas (CmapTools), ou programas para edición de audio e video.

 

-Ferramentas relacionais: Facebook, Youtube, Flickr ou outros soportes que constitúen redes sociais ou que as integran.

 

Podemos observar polo tanto que os EPL non soamente están constituídos por ferramentas conducentes a amosar e manexar a información, senón que tamén están formados por aquelas relacións de comunicación que establecemos a través do propio entorno. E aí é onde surxe unha pregunta que me resulta de sumo interese: Como podemos usar ese tremendo potencial para aprender de xeito cooperativo?

 

A modo de exemplo, coido que unha das posibles claves pode estar no uso do chat, como medio de comunicación para o traballo en grupo, facilitando o debate e o intercambio de información dentro da elaboración dun proxecto. Todos nós temos utilizado diferentes chats, ao longo destes anos, para axudarnos na realización conxunta de traballos académicos. Persoalmente, sempre que teño realizado calquera tipo de traballo conxunto cos meus compañeiros e compañeiras, se ten dado unha comunicación constante a través das redes sociais, sexa para coordinar o traballo, debatir, ou transferir contidos a través da rede. Isto nos ten posibilitado traballar de xeito eficaz aínda cando cada un dos membros do grupo nos atopábamos en lugares distantes, como moi habitualmente sucede nos periodos de vacacións ou nos fins de semana. É pois esta unha ferramenta que os axuda a salvar a distancia para poder traballar cooperativamente por moi lonxe que nos atopemos os uns dos outros.

 

Outra ferramenta que tamén teño utilizado frecuentemente nos últimos anos é o Google Drive (ata fai pouco coñecido como Google Docs). Mediante esta ferramenta gratuita se nos permite realizar unha edición de textos simultánea en tempo real. Isto é, varios compañeiros podemos estar escribindo nun texto ao mesmo tempo, corrixíndonos e realizando anotacións ao instante, en tempo real. De xeito engadido, cómpre sinalar que para usar este tipo de ferramenta non precisamos ter instalado ningún programa de edición de texto no ordenador, e que todo o que traballemos queda gardado de xeito instantáneo na nosa conta de Gmail, sen perigo de perda por problemas de hardware, virus, formateos, ou calquera outra eventualidade. Do mesmo xeito, a información dese xeito elaborada pode ser rápidamente compartida simplemente facilitando o enlace do documento, o que nos brinda multitude de oportunidades á hora de compartir cos demáis de xeito áxil a información.

 

Non quero extenderme moito en exemplos concretos, mais coido que todos temos en mente algunhas situacións nas que temos traballado de xeito semellante, apoiándonos en este tipo de ferramentas, de cara a levar a cabo un traballo que en cada caso puido ser máis ou menos cooperativo, mais sempre conxunto. E é aquí onde coido que está un dos aspectos de maior interese dos EPL, a potencialidade que ofrecen, desde as súas posibilidades de traballo en grupo, de cara a realizar traballos verdadeiramente cooperativos, nos cales os participantes non soamente reproduzan información de xeito compartido, senón que a constrúan e reconstrúan por medio das ferramentas que lles ofrece a tecnoloxía, debatindo, creando, reelaborando información, intercambiando pareceres e puntos de vista... nun entorno no que o alumno tome un papel activo, onde este sexa o auténtico protagonista da súa aprendizaxe. Esa será dende logo a auténtica aprendizaxe cooperativa, propia da sociedade tecnolóxica na que vivimos. Unha aprendizaxe na que os alumnos compartan e elaboren o seu traballo sen importar a distancia, sen importar as limitacións do espazo, da aula. Sen fronteiras materiais nin restriccións respecto ao coñecemento. Realmente o vello Celéstin Freinet ficaría abraiado vendo as posibilidades que nos ofrece a tecnoloxía hoxe en día, nada que ver coa súa humilde (e tan ben aproveitada) imprenta. Cómpre pois rescatar aquelas vellas motivacións, coller o testigo daqueles vellos valores que impulsaron aos renovadores da educación, e darlle novo pulo, nova forma, baixo este relucente crisol que son as novas tecnoloxías, aupándonos unha vez máis ao hombreiro de xigantes.



BIBLIOGRAFÍA

Adell Segura, J & Castañeda Quintero, L. (2010) "Los Entornos Personales de Aprendizaje: una nueva manera de entender el aprendizaje" En Roig Vila, R. & Fiorucci, M. (Eds).

Moreno Aparisi, J & García López, R. (2008) "El Profesorado y la secundaria: ¿Demasiados retos?" Nau Llibres (Edición eBook para Amazon)

 

Comentarios

  • Fernando Marino

     Cando dis "O alumno non é un individuo aillado, senón que se atopa inmerso no grupo, o papel do profesor é o de coordinar o traballo do conxunto do grupo" faime recordar o que faláramos na clase de técnicas de grupo acerca do papel do profesor que mais que como un lider deberia ser un guia. 

  • Jorge Boga Martínez

    Tampouco coñecía os "Espazos Persoais de Aprendizaxe", así que cómprese o dito de " no te acostarás sin saber una cosa más".

    Dende logo, considero moi importante destacar a gran importancia que a aprendizaxe cooperativa ten para o desenvolvemento das persoas, xa que como ti dis no texto, non somos seres aillados, senón que estamos en costante contacto cos demais e co entorno, aprendende deles e con eles.

    Sobre Google Docs ou Drive, teño que dicir que é unha ferramenta moi útil que axiliza a realización dunha tarefa ó poder traballar en conxunto en tempo real, aínda que como contra, resalto que ás veces é difícil entenderse por un chat.

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Tes toda a razón Jorge. O tema do chat para traballar en tempo real con Google Drive é algo engorroso. Eu estou pensando en usalo de forma conxunta con Skype... O problema é que en Vigo teño moi mala conexión, pero teño que probalo en Santiago... Ten que ser interesante.

  • Nerea Bastón Martínez

    A verdad é que trátase dunha cuestión canto menos paradóxica porque, en moitos casos, as TIC e os recursos tecnolóxicos son de uso individual, pero ben é certo que os programas que estos traen instalados facilitan o traballo en grupo, sobre todo o que dí Jorge, cántas veces non utilizaríamos él e máis eu o Drive para facer traballos él na súa casa e eu na miña nun mesmo documento? Pero sí, en ocasións resulta un pouco latoso en canto a comunicación pero supoño que iso é cuestión de mellora. 

  • Brais Corral Otero

    Actualmente podemos desfrutar dalgunhas TIC's que nos permiten realizar os traballos a distancia, pero coido que son moi mellorables.Como ben xa apuntaron os meus compañeiros, a combinación de dúas ou tres delas poderíanos levar por un mellor aprendizaxe, máis cómodo e útil, pero por sí soas carecen todavía de algunhas necesidades básicas. Como é o caso de Google Docs ou Drive, permitindo o acceso simultáneo ao documento, pero non unha boa comunicación entre os usuarios do mesmo.

  • Adriana

    Debemos completar esta informacion con el aporte que desde hace años realiza el CSCL (Computer Science Colaboration Learning) Una linea de investigacion y aplicacion que trabaja justamente la problematica de las aplicaciones informaticas para apoyar el trabajo colaborativo. Por cierto, en este contexto se hace una diferenciación entre cooperación y colaboración. Para este ultimo es necesario el trabajo sincrónico y hay herramientas especialmente diseñadas para esto que lo permiten. Les invito a conocer un poco mas de estas herramientas y esas posibiidasdes buscando mas información sobre CSCL

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Tomo nota con interese Adriana. Graciñas.