POTENCIALIDADE DAS REDES SOCIAIS

Atopábame o outro día vendo o noticiario no meu televisor cando apareceu unha nova que me chamaba moito a atención: “A creación dunha nova rede social na que se atopaban inmersos pais, alumnos e mestres dun colexio de secundaria”. Resaltar que era un prototipo, polo que a información acerca desta nova ferramenta e moi difícil de atopar, xa que case e inexistente.      

            Independentemente da escasa información acerca desta rede, podo resaltar que me pareceu unha idea moi interesante ademais de útil. Acotío, como todos sabemos, no noso campo se fala acerca da escasa participación das familias dos alumnos nas escolas. Por esta razón, considero que esta ferramenta pode ser unha das solucións, xa que favorece a participación deste colectivo dunha maneira inmediata e directa. Ademais, tamén garante que os pais dos alumnos sepan os contidos que se dan nas escolas, as diversas actividades que se ofertan dende o centro, as saídas… Polo que considero que esta é unha gran innovación, tendo en conta a búsqueda das aulas 2.0 (como sinalan diversos artigos dos blogs)

            Por outra banda, indagando na búsqueda de información sobre esta rede, atopei outra diferente, aínda que moi relacionada coa mesma como explicarei a continuación.

            Esta nova ferramenta denomínase “Redeiras” e pódese considerar como unha rede social destinada exclusivamente ao profesorado.  Promocionado o pasado 12 de Abril pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Congreso "Formación y competencias en la nueva sociedad" celebrado no marco da Mostra do Ensino Galicia 2012. Como dato, resaltar que esta nova rede social xa conta con 5.000 usuarios, o que denota o grande interés que o colectivo de docentes galegos ten no uso das redes sociais como canle de intercambio de experiencias, coñecementos e boas prácticas no ámbito educativo.

            Actualmente Redeiras conta con tódalas funcionalidades que ofrece calquera outra rede social, como son a creación de espazos privados ou públicos, grupos con intereses comúns, intercambio de ficheiros, publicación de contidos personalizados ou de grupo, posibilidade de compartir ficheiros e documentos, creación de documentos colaborativos, intercambio de marcadores, publicación de contidos multimedia (imaxe, vídeo e son), servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.

            Por todo isto, gustaríame resaltar que as redes sociais actualmente son unha realidade, pero como se pode ver nesta entrada, creo que aínda se poden desenvolver moito mais, conseguindo o tan aclamado coñecemento compartido ou común. Ademais tamén pode servir de axuda a novas xeracións, neste caso de profesorado por exemplo, xa que coñecerán numerosas experiencias previas sobre a súa profesión, maneiras de solucionar conflictos, pedir axuda a outros docentes…

Para cocluír, dicir que falo acerca da potencialidade das redes sociais, xa que segundo penso, estas están infravaloradas e “infrautilizadas” na actualidade.

Comentarios