¿Inflúe a tecnoloxía na nosa personalidade?

Unha cuestión na que nunca reparara é nesta: se a tecnoloxía realmente inflúe na nosa personalidade. Decidín elaborar esta entrada xa que a partires do vídeo que temos que confeccionar para a clase interactiva da materia de “Tecnoloxía Educativa”, tomei constancia de que a tecnoloxía e o contexto, claramente no que me movín ata estes intres, incidían totalmente na miña personalidade.

            O feito de ter un irmán fixo que dende pequena vira a canda el películas de acción, medo, morte e destrución! Ó mesmo que xogaba con camións, coches e demais, en vez de con bonecas. É certo que o contexto fixo que me decantase por posuír na actualidade unha actitude fronte á realidade actual con amplitude de miras, ó desplegar, por así dicilo, unha visión feminina e outra, máis acentuada, masculina. Este aspecto está claro, pero no que nunca reflexionara é que a tecnoloxía ó longo dos anos tamén me foi transformando: eses xoguetes eran tecnoloxía, as películas de “Terminator”, “Regreso al futuro”, “ET”..., xogar ó “Hitman” (un asasino) como xogo de ordenador... foi sumando para que hoxe en día posúa unhas habilidades determinadas, desenvolva unha actitudes concretas e teña un comportamento en particular.

            Ademais, todos sabemos como os xogos, xoguetes ou películas violentas crean nos nenos uns comportamentos do mesmo modo, agresivos e fortes.

            Pescudando un pouco máis acerca do tema, atopei un arquivo dunha periodista (Ana Boluda) que nos expón en qué maneira a tecnoloxía inflúe ou non na nosa personalidade. Así, extraio unha cita que me semella relevante:

“Expertos consultados coinciden al afirmar que el uso de estas tecnologías comporta dificultades para concentrarse. El cerebro se acostumbra a saltar continuamente de una actividad a otra -de Facebook a YouTube, de escribir un mensaje a cambiar de canción mientras se tiene en pausa un videojuego, y este funcionamiento “multitarea” lo hace menos capaz de centrarse en un solo tema y seguir un pensamiento complejo y profundo sin distracciones. Además, el aumento de estímulos informativos hace más difícil poder valorar adecuadamente qué es importante y qué irrelevante (...) otros estudios destacan que el hecho de estar conectados influye en la personalidad: nos hace más impulsivos e impacientes, olvidamos antes las cosas e incrementa los niveles de estrés”.

            Agora pregunto: ¿quen non se sinte identificado con estes rasgos da personalidade? ¿somos impacientes? ¿estresámosnos? ¿somos impulsivos? ¿somos “multitarea”? ¿discernimos entre o importante e o que non o é?

            Segundo a miña opinión, todas estas preguntas teñen unha resposta afirmativa, aínda que tamén hai que engadir que o ritmo de vida tan acelerado que levamos, en gran medida, segundo a miña perspectiva, polas tecnoloxías que supoñen un antes e un despois na nosa vida: modo de relacionarnos, de desempeñar o noso emprego...,  contribúen a esta resposta positiva.

            Doutra banda, tamén encontrei una páxina na web bastante interesante, da que amoso o seguinte:

“El uso que el adolescente hace de Internet puede ser problemático cuando el número de horas de conexión afecta al correcto desarrollo de la vida cotidiana, causándole estados de somnolencia, alteración del estado de ánimo, reducción de las horas dedicadas al estudio o a sus obligaciones. Al igual que en el adulto, puede darse ansiedad o impaciencia por la lentitud de las conexiones, o por no encontrar a quien busca, irritabilidad en el caso de interrupción y dificultad para salir de la pantalla (Echeburúa, 1999). Los adolescentes adictos a Internet entrevistados por Tsai y Lin (2003) tenían síntomas de uso compulsivo y abstinencia, tolerancia y problemas escolares, sanitarios, familiares, económicos y de gestión del tiempo. Así mismo, Internet se asocia a un mayor malestar psicológico donde se limitan las formas de diversión y se reducen las relaciones sociales (Viñas, Juan, Villar y cols., 2002)”.

            Apoio enormemente estas citas, xa que se reflexionamos un pouco acerca do tema en cuestión tomamos constancia da seriedade e verdade sobre este aspecto. Cada vez as cifras de fracaso escolar aumentan, nace unha nova xeración “ni ni”, as disputas familiares increméntanse. A causa disto créanse novos programas televisivos: “Hermano Mayor” ou “Supernany”, entre outros. Nos que en algún que outro capítulo obsérvase como un ordenador é motivo de discusións na casa, quedando afectadas notablemente as relacións no eido familiar.

            Considero como anteriormente comentaba que non todas estas problemáticas se deben á tecnoloxía, xa que o contexto sempre inflúe (separacións ou divorcios dos pais ou un contexto sociocultural pobre), pero tamén hai que apuntar que a tecnoloxía garda un papel moi importante neste senso, ó ser en moitos casos causa principal de problemas.

            Concluír dicindo que, a tecnoloxía se atopa en todas as facetas da nosa vida e que debemos saber como empregala para que non produza ningunha eiva no noso desenvolvemento integral como persoas.

 

WEBGRAFÍA:

http://www.fundrogertorne.org/salud-infancia-medio-ambiente/divulga/inspira-nuevo/2011/03/16/%C2%BFconectados-%C2%A1la-tecnologia-influye-en-la-personalidad/ (Consultada o día 26 de marzo de 2013)

http://www.papelesdelpsicologo.es/vernumero.asp?id=1503 (Consultada o día 27 de marzo de 2013)

Comentarios

  • MartaValcarcelRubinos

       O tema que define o título, sempre me chamou a atención, pareceronme moi interesantes as citas e o que comentas das mesmas. Por unha banda si que me sinto identificada con que as tecnoloxías influen en nós máis do que pensamos, por exemplo agora identifico con "aburrimento" a aquelas películas que teñen desenvolvemento argumental lento. Xa que estou acostumada a asimilar moita información e rápidamente,  pode ser un exemplo a rasgos xerais a cantidade de información que recibimos diariamente, (consciente ou inconsciente) a través da publicidade. Por outra banda, tamén penso que as tecnoloxías coma as redes sociais influen no noso estado emocional, en función de que se xuzga a túa imaxe social. Debemos profundizar pois na concenciación do que nos poden influír as tecnoloxías nestes aspectos e ter autocontrol dos mesmos.

  • Berta Varela Garcia

    Moi de acordo Marta. As redes sociais posúen unha gran carga emocional para as persoas, no como nos ven. Feito que temos que salvagardar, saber quen somos realmente, ter conciencia de noós mesmos, que ninguén nos engane, nos manipule, o de sempre, ser críticos coa realidade e con nós mesmos, autoavaliarnos.