E-learning para invidentes.

Facendo un percorrido por algunhas páxinas sobre noticias de tecnoloxía atopei este enlace que me parece moi interesante. Presentan un libro co nome de " E-learning para invidentes" de Patricia Litovicius, a intención desta proposta é a de implantar unha expeiencia na que se poida avaliar a usabilidade e accesibilidade de e-learnig en persoas cegas. 

A entrevista que se realiza a autora, paréceme moi interesante xa que mostra gran interés por axudar as persoas discapacitadas que neste sentido podemos dicir que son as que máis limitadas se atopan. Por iso a través deste tipo de proxectos pódese mellorar en gran medidad as súas vidas.

 (http://www.learningreview.com/e-learning/articulos-y-entrevistas-elearning/2001-e-learning-para-personas-con-discapacidad-visual)