¿COMO ME SENTÍN FACENDO O VÍDEO?

Unha vez superada a proba de realizar o vídeo abarcando o impacto que a tecnoloxía causou nas nosas vidas, chegou o momento de facer unha valoración sobre todo o que aprendín facendo o vídeo e destacar os aspectos que máis me chamaron a atención. Comezar dicindo que antes de facer este vídeo nunca antes fixera ningún. Na primeira sesión cando a profesora nos expuxo a idea do traballo, sentín un pouco de frustración e nerviosismo xa que non sabía nin por onde comezar a realizalo. Pouco a pouco comezamos a darlle forma o noso proxecto, primeiro fixemos un guión plasmando as ideas principais que queríamos que aparecesen no vídeo. Despois melloramos ese guión ata conseguir o definitivo.  Unha vez establecido o ritmo que queríamos seguir, maquetar o vídeo foi o máis sinxelo.

Como experiencia foi moi produtiva e eficaz, grazas o traballo en equipo e a ter no grupo  unha compañeira de outra nacionalidade da cal aprendemos moito. Os aspectos que podería destacar son:  carecía de autobús escolar debido o perigo que supuña moverse pola cidade, carecía de bibliotecas o que provocou que tivese un manexo superior con internet ou o tipo de educación  que recibimos cada unha fixo que o impacto que as tecnoloxías provocaron nas nosas vidas fose completamente diferente.

Creo que esta foi unha forma de traballo nova para todos que para o meu gusto foi innovadora, o que provocou maior interese por traballar.

Ademais do que aprendemos entre nos gustaríame destacar que pasamos momentos moi divertidos,  seguir todo o proceso dende cero traballando en grupo fixo que a asimilación dos conceptos e a realización fosen moi eficaces e ademais; cando terminamos sentímonos moi realizadas e satisfeitas.

Comentarios

  • Berta Varela Garcia

    Unha moi boa explicación do que supuxo o traballo do vídeo Estefanía Smile

    Eu estou de acordo contigo, esta tarefa fixo que realmente aprendésemos a manexarnos coa tecnoloxía, e á par que tivésemos constancia da gran influencia que a tecnoloxía produciu en nós a medida que íamos medrando, aspecto este no que persoalmente nunca reparara e que me semella relevante, xa que a partires da tecnoloxía somos o que somos, foinos configurando ó longo dos anos (nos nosos modos de pensar, de expresarnos...).

    Á elaboración do vídeo, si que se lle pode chamar aprendizaxe, porque reflexionamos sobre o tema, buscamos información, e sobre todo, divertímonos cos nosos compañeiros inmersos nun traballo mutuo e conxunto.

  • Beatriz Lopez Muniz

    Creo que a túa aportación explica moi ben o proceso que seguimos para realizar o video. Considero que o traballo en grupo foi o factor principal que provocou que o resultado fose positivo e o que esperabamos dende un comezo. o Saber escoitar, compartir ideas foi a clave no desenvolvemento do noso traballo.

    Por outra banda, como ti mesma dis, a presenza dunha compañeira de outra nacionalidade provocou que ademais de aprender moito dela, tivesemos un camiño inicial polo que comezar marcando a diferenza entre a influenza das tecnoloxías en ambos contextos.

    Rematar decindo que foi un traballo completo e pedagóxico pois ademáis de moi bos ratos de diversión e risas,existiron os momentos de reflexión e decisión.