Que significou para min a elaboración do video? Que aprendín?

Unha vez finalizado o noso traballo podo dicir que foi unha tarefa moi gratificante ademais de novedosa e complicada.O feito de reflexar nun video como influiu a tecnoloxía ao longo das nosas vidas fixo que cada unha de nos tres tivese que reflexionar sobre o transcurso da súa vida, tarefa que non foi nada sinxela.

En primeiro lugar, ningunha de nos tres era consciente da influencia que as novas tecnoloxías tiveron e teñen na nosa vida e todo polo feito  de que xamais nos puxemos a reflexionar sobre o tema. As tecnoloxías eran algo máis que aquilo que estaba presente no día a día e, sen darnos conta estaban influindo na maneira que temos de desenvolvernos como persoas.

Ao comezo do traballo, as tres integrantes do grupo estabamos un pouco perdidas posto que ningunha das tres tiña moi claro o que queríamos levar a cabo. Foi por iso polo que decidimos comezar establecendo paralelismos e diferenzas sobre as tecnoloxías que tivemos presentes dende o nacemento. Con esta reflexión, aprendín que por moi cercano que sexa o contexto no que dúas persoas se desenvolven como seres vivos, sempre existen diferenzas. No noso caso eramos tres persoas que proviñan de tres contextos totalmente diferentes, incluso unha de nós vivíu a maior parte da súa vida noutro país; polo que o noso traballo foi enfocado tendo en conta os dous contextos: o español e o venezolano.

Durante o proceso, tivemos en conta os procesos de cooperación e traballo en equipo. O saber escoitar, respetar a opinión dos demáis e compartir ideas estivo presente durante toda a elaboración do video. Considero que ser de outra maneira o resultado xamais sería o esperado.

En xeral, foi unha experiencia innovadora, pois para moitos de nós era o primeiro traballo con estas características, pero non por iso menos complicado. O feito de reflexionar sobre as nosas propias vidas e saber como reflexalo nun video era unha tarefa que nos amedrentou ao comezo do proceso. Non obstante, vendo o resultado final podo didir que ademáis de ser un traballo motivador resultou sendo moi gratificante e didáctico.