"Influencias"

Que é a tecnoloxía para ti e como influiu na túa vida?

Baixo esta premisa comezaba xunto cunha compañeira unha tarefa complexa en moitos sentidos, mais gratificante ao mesmo tempo.

En primeiro lugar, ningunha das dúas sabiamos o que queríamos facer e non tiñamos moitos coñecementos sobre como realizar un vídeo, con todo, pouco a pouco e a base de fallar varias veces e terminar construíndo varios vídeos totalmente distintos demos acadado o noso obxectivo, ou iso creemos!

Nunca me vira nunha situación como esta, intentar reunir en imaxes todas aquelas influencias tecnolóxicas que recibimos, mais estar acompañada doutra persoa neste proceso axuda a elaborar e a reflexionar de maneira máis rápida, mellorando totalmente o traballo que ti soa poderías realizar, con todo, aunar nunha mesma liña as influencias que ambas recibimos foi unha tarefa complicada. Neste momento é cando aparecen os libros, os cales consideramos eixe central da nosa historia posto que son fonte de información así como medio de diversión para ambas as dúas.

Levar a cabo este tipo de actividades trae consigo, en primeiro lugar, saber o que se quere conseguir e en segundo lugar ter os medios para realizalo. O máis dificil para min foi decidir o que queriamos facer, mais unha vez consensuado tiñamos o problema de como mostralo, e sobre todo facer que se entendese. Foron moitos os cambios realizados ata acadar o resultado final, sobretodo no referente ao análise dos aprendizaxes e da influencia que as tecnoloxías teñen, aínda que estiveron con nos toda a nosa vida é difícil definir e determinar en que nos influíron.

Unha vez realizado o video e pasados os primeiros problemas, debo enfrontarme a unha reflexión persoal sobre o que me supuxo a realización deste vídeo. Neste senso, debo destacar a reflexión a que me tiven que enfrontar e sobretodo o traballo de reunir todas as ideas que me gustaría tratar en pouco tempo. Dar por definido un eixe de desenvolvemento do vídeo foi unha tarefa complexa así como dar por finalizado o traballo, posto que sempre encontrabamos erros e pequenos puntos que mellorar.

Centrándome xa nunha reflexión máis persoal sobre a miña implicación no traballo, considero que a miña disposición foi completa dende un primeiro momento, aínda que pasamos por momentos de dúbida e de non dar mostrado o que queríamos pouco a pouco o fomos solucinando. Foi sen dúbida un traballo de control dos nervios posto que ao utilizar o programa Movie Maker tivemos diversos problemas durante todo o proceso, xa que foron moitas as veces que se nos descolocou o proxecto previsto.

Por último quero destacar a aprendizaxe obtida a través da realización desta montaxe, por un lado, aprender a empregar o programa Movie Maker e por outro lado, coñecer os mecanismos precisos para que un vídeo teña sentido, guión, tipo de imaxes, entre outros aspectos todos eles relavantes para o proceso. Así mesmo, contribuiu a unha reflexión persoal sobre a importancia da tecnoloxía na miña vida. Creo así mesmo que a realización destes vídeos conleva un análise da nosa xeración, posto que cada un de nos entendeu o tema dunha maneira distinta, destacando distintos aspectos. Con isto, a visualización de cada un deles contribuirá a unha visión máis completa da tecnoloxía e a infuencia desta na nosa vida.

Por se aínda non vístedes o vídeo, aquí o tedes!