"Reenganche"

 Logo deste respiro, gustaríame engarzar o fío do discurso a través dunha noticia de actualidade educativa, xa que, como todos os eidos, a educación está sufrindo modificacións e transformacións deviradas da crise e do novo goberno. Algunhas das consecuencias que se derivan das medidas abordadas nos últimos anos polos gobernantes, obrigaron a moitas escolas, grandes e pequenas, de toda España a cerrar as súas portas.

 

O caso que presento de contado acontece en Barcelona, na escola Can Montllor de Terrassa, en Cataluña. Así, propoño que a todos aqueles que o desexen invirtan uns minutiños en ler a noticia do xornal Europapress. Nel fálase do éxito que tivo unha canción composta para loitar contra o peche desta escola que estamos a falar. Dito tema é noticia polo gran número de visitas que recolleu en tan só dous días. Ao igual que a ANPA do colexio, o grupo compositor únese a loita en pro das escolas públicas que se están a pechar. A razón de todo isto reside na decisión da Generalitat, Terrassa é unhas das 7 escolas públicas que se preveen "clausurar para reorganizar a oferta educativa polo descenso da natalidade en Catalunya despois do 2008".

 

 

http://www.europapress.es/sociedad/educacion/noticia-exito-facebook-cancion-contra-cierre-escuela-tarrasa-20130403192109.html

 

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=i7ISs8saM7w