Ciberbullying: son as tecnoloxías as causantes deste problema?

Esta entrada dirixireina ó tema do ciberbullying. Así, comezaremos definindo o propio termo mediante a páxina web de Ciberbullying:

“Ciberbullying es el uso de los medios telemáticos (Internet, telefonía móvil y videojuegos online principalmente) para ejercer el acoso psicológico entre iguales. No se trata aquí el acoso o abuso de índole estrictamente sexual ni los casos en los que personas adultas intervienen”.

            Nalgúns casos este acoso psicolóxico vai un paso máis, para converterse nun acoso físico. Primeiramente dicir que, dende o meu punto de vista, o acoso psicolóxico é moito máis grave que o físico, xa que aínda que este non fire fisicamente, faino mentalmente. Deste modo, curar este maltrato psicolóxico non é sinxelo, quedando incluso secuelas mentais de por vida debidas a este caso.

            A través da páxina tamén extraio que este tipo de acoso é realmente grave xa que “el anonimato, la no percepción directa e inmediata del daño causado y la adopción de roles imaginarios en la Red” fan que o acosado sexa unha vítima que non se poda defender por non ter a quen culpar das invencións realizadas. Do mesmo modo, tampouco se pode axudar, ó non saberse con certeza se a difamación é real ou non.

            Mediante o seguinte vídeo amósanse as problemáticas serias que surxen contra a rapaza vítima de ciberbullying, xa que por exemplo, este fenómeno provoca que multitude de persoas obteñan información sobre as difamacións contra a rapaza sempre que se desexe ó estaren nunha plataforma pública e de fácil acceso en calquera tempo e lugar, polo que se seguirá atormentando á rapaza de por vida, non podendo esta poder frear o que sucede polo anonimato do que falabamos anteriormente. Feito contrario sucede no bullying que acontece en lugares ou sitios concretos, nos cales só son conscientes destes sucesos que ocorren aquelas persoas que están preto desas agresións.

            No vídeo obsérvase como a vítima de ciberbullying vai sendo mancada e danada polo corpo, fisicamente. Na realidade, esa nena sufriría unha violencia psicolóxica, moito peor ca física, xa que curar feridas físicas é sinxelo, pero mentais é dificultoso, como tamén comentabamos.

Vídeo:

            Como conclusión debo dicir que, non son as tecnoloxías en si as culpables do ciberbullying, son os valores en xeral, implícitos ás persoas que conforman a sociedade. Dende a miña perspectiva, as rapazas acusadoras son pouco críticas co que desenvolven, transmitíndose un comentario inventado, cruel e erróneo a un gran colectivo sen ningún motivo aparente. Calquera persoa educada en bos valores non seguiría transmitindo esa mensaxe, nin tan sequera a crearía.

 

WEBGRAFÍA:

http:

Error processing the video

(Consultada o 28 de marzo de 2013)

http://www.ciberbullying.com/cyberbullying/que-es-el-ciberbullying/ (Consultada o 29 de marzo de 2013)

Comentarios

  • silvia

    Berta estou dacordo contigo en que as TICs non son as culpables do ciberbullying. Considero que o acoso escolar é un problema que estivo presente nos centros educativos dende hai moito tempo, incluso antes da chegada das novas tecnoloxías. Dalgún xeito, as TICs trouxeron consigo un novo medio a través do cal os adolescentes podían continuar acosando aos compañeiros, pero desta vez, sen a necesidade de que se coñecese quen era o autor de tal acoso. 

    Polo tanto, é necesario que dende os centros educativos se traballe cos alumnos para evitar que se cheguen a producir situacións de acoso escolar a algún compañeiro, un problema que nos últimos anos non fixo máis que ir en aumento. 

    Ante esta situación, debemos tomar medidas que solucionen calquera conflito entre compañeiros que poida xurdir nos centros educativos, evitando que un pequeno conflito se convirta nun grave problema de acoso escolar. 

  • Berta Varela Garcia

    Efectivamente, fai falla unha formación dende os centros escolares, sobretodo, ensinar a saber actuar ante unha situación de ciberbullying. Amosarlle ó rapaz ou rapaza acosado que non sucede nada, que ten que confiar nel mesmo, que lle puido suceder a calquera compañeiro seu, para que esta situación non lle afecte psicoloxicamente.

    Grazas polo comentario Silvia! Wink

  • Alba Gómez B.

    Tal y como habéis respondido vosotras mismas a la pregunta que encabeza la entrada, yo tampoco creo que las tecnologías sean las culpables, sino la educación que los alumnos reciben tanto en el ámbito educativo como familiar o social.

    Por ello, creo que lo realmente necesario, es abordar el origen de la problemática y ponerle solución: retomar verdaderamente una educación en valores y acabar con la crisis moral que existe en la educación (insisto, tanto en el sistema escolar como en el ámbito familiar). Una vez llevada a cabo esa remodelación, creo que ya sí se debe formar a los centros, como bien dices Berta, para afontar esas situaciones de maltrato, que con esa buena formacón moral y ética deberían ir a menos.