Grazas TV

Para falar da miña historia persoal coa tecnoloxía debo falar da TV. Sinceramente non recordo outro contacto anterior coa tecnoloxía, xa que a TV foi case a primeira cousa que ocupou o salón da miña casa.

Sendo eu ben pequeno, meus pais decidiron mudarse de fogar e pasar da vida de aluguer a vida de propietarios. Ser propietario dunha nova casa implica un proceso de aclimatación, amoblar a casa. Creo que un dos meus primeiros recordos da infancia, son eu sentado sobre a alfombra do salón vendo unha TV marca Thompson apoiada no mesmo chan. A habitación foi collendo forma e enchéndose de mobles, a TV pasou a estar enriba do que despois foi o meu vello escritorio plegable para debuxar e eu sentado no sofá. Recordo pasarme horas e horas vendo programas como o Xabarín Club, proceso que propiciou alfabetización da lingua galega, e todo tipo de debuxos e series dende ben pequeno. Todo o que vía nela pasaba despois a formar parte nos meus procesos de divertimento cos meus xoguetes. Un claro exemplo disto foi a película ‘Jurassic Park’. De neno era un fanático dos dinosauros e esa película foi como o apoxeo dos meus xogos infantís durante unha época. Tamén recordo de estar xunto a meu pai no salón el vendo películas do vello oeste, como ‘Por un puñado de dólares’, e eu a xogar cos Playmobil na alfombra reproducindo escenas da mesma temática, máis no meu caso, a meirande parte das ocasións os indios eran os determinados como “bos”. Máis tarde chegou o VHS, o que implicou máis horas diante desa caixa “tonta”. A película que máis veces vin na miña vida foi “Forrest Gum”. Non paraba de vela, miña nai “enfadábase” comigo, porque ata chegou un punto no que segundo ía falando Tom Hanks, eu superpoñía a miña voz a súa e cravaba os diálogos.

Segundo fun medrando a TV foime acompañando neste proceso. Durante a miña adolescencia o mellor recordo que teño dela son as tardes que me pegaba no sofá de relax vendo o programa da Sexta “Se lo que hicisteis”. Converteuse na mellor escusa para que miña nai non me amolase coas tarefas do instituto. A cancelación do programa provocou que tivese que variar e buscar novas alternativas o que me levou a unha pequena evasión deste aparello. Isto sumado a segundo de Bacharelato, curso no cal tiña a meirande parte dos meus exames pola tarde, os páxina on-line onde se poden ver series e a programación televisiva e o meu inicio na USC provocaron que deixase a un lado a TV.

En conclusión, a TV foi o aparello electrónico que máis relevancia tivo no meu día a día dende pequeno ata a miña chegada a madurez. Coa súa programación fun creando coñecementos empíricos de cultural xeral que a día de hoxe resúltanme amplamente necesarios.

Grazas por todo TV.

Comentarios

  • Brais Corral Otero

    A televisión é un dos grandes amigos do ser humano, está claro ;)

  • Sara Cancelo Pereiro

    Jajajaja!!Gracias al Xabarín Club por tantas cosas, sobre todo por formar a una generación tan genial!!!:)

    Es triste por una parte ver como nuestra vida gira en torno a la caja tonta y como tú dices, muchas veces era lo más importante del salón, pero a día de hoy creo que se debe tener mucho cuidado con ella, sobre todo los niños ya que ni los canales infantiles son lo que eran, ni la programación en general. Sin embargo, a pesar de que esto no me guste, he de decir que de pequeña me pasaba lo mismo y aun a día de hoy cuando veo la tele puedo perder horas sin ni siquiera prestarle atención, pero como ya dijiste tú, nosotros teníamos el Xabarín :)

  • Adrian Bernardez Pintos

    Creo que dejaste la televisión en el momento adecuado Dani!Yo estoy muy orgulloso también de la televisión que vi,y siempre me gustó ponerme a ver la televisión en mi tiempo libre, pero hoy en día esta totalmente muerta en mi opinión, ya no importan los valores o la mesura en el lenguaje, hoy en día se busca lo impactante, instantáneo y con el menor gasto posible, que normalmente deriva en algo totalmente vanal.Yo tambien voy a decirle a la televisión gracias y voy a desearle suerte para que salga de su enfermedad jaja

  • Daniel Peña Albores

    Sara, debo destacar a canción da "Carmiña Vacaloura", que despois duns anos a súa letra me fixo reflexionar sobre os mensaxes subliminais que nos tranmitiu a TV. 

    Estou de acordo contigo Pintos, a TV xa non é o que foi. Onde están os programas como o "Principe de Bel Air", "Gatocan", "Cosas de casa", "Alf"...?