A bomba que lle salvou a vida

Hoxe tócame falar sobre un dos meus mellores amigos na infancia, Xaime. Coñecémonos  iniciando a nosa escolarización no CEIP Nº1 de Foz, e dende o primeiro día establecemos unha boa amizade. Os cursos foron pasando e fomos superándoos xuntos, polo que a nosa relación seguiu viva como o primeiro día. Chegados a 6º de primaria, Xaime caeu gravemente enfermo e seus pais levárono ó Hospital da Costa para que os médicos fixesen o necesario para que se puxera bo. Diagnosticáronlle diabetes de tipo 1, o tipo desta enfermidade máis grave que se poda padecer. Debido a esta enfermidade Xaime necesitaba recibir certas doses de insulina para poder estar san. O principio os médicos recomendaron as xiringas, mais debido a idade temperá do neno que lle impedía poñerse a si mesmo as doses e a que seus pais tiñan que traballar durante, volveuse bastante complexo subministrarlle  as doses precisas de xeito adecuado. A causa disto seus pais regresaron a xunto do doutor para que lles dese unha solución alternativa. O médico informounos dunha máquina que controlaba o nivel de insulina necesario na sangue durante as 24 h do día e proporcionaba as doses necesarias, o que axudaría en gran medida que o neno puidese levar adiante unha vida totalmente normal e sen complicacións. A pesar de ser bastante custosa, a saúde de Xaime era o máis importante e viaxaron a Madrid para mercar este aparello. A bomba de insulina salvoulle a vida e fixo que a existencia de Xaime fose totalmente normal a pesar da súa enfermidade.

A evolución da tecnoloxía a nivel sanitario conseguiu erradicar enfermidades que no séculos pasado eran mortais, aumentou a esperanza de vida, reduciu a mortalidade infantil e fixo as nosas vidas máis cómodas, como no caso de Xaime.

 A bomba que lle salvou a vida

Comentarios