reflexión sobre o video realizado

Despois de realizar o vídeo sobre a influencia das novas tecnoloxías na nosa maneira de aprender, cabe realizar unha reflexión sobre o mesmo e as aprendizaxes adquiridas durante a súa realización.

Cando se nos propuxo esta actividade, teño que recoñecer que sentín certa inquedanza, pois non tiña realizado nunca unha actividade similar polo que era unha especie de medo cara o descoñecido. Logo que seleccionar as imaxes e realizar fotos que consideramos interesantes para incluír no video, chegou o momento da montaxe, para a cal, a miña compañeira Laura Puga e eu, contamos coa axuda dun amigo que nos explicou o funcionamento do programa que tiñamos que empregar. Se ben é certo que nun primeiro momento eramos un pouco "torpes" e custábamos facer algo medianamente vistoso e atractivo, pouco a pouco fomos collendo soltura e probando a incluír cousas novas ata chegar ao resultado final, que ainda que seguramente sexa mellorable, estou orgullosa de ter conseguido realizalo sen ter coñecementos anteriores de cómo facelo.

Durante o proceso de realización do video, deime conta da cantidade de avances que se produciron en pouco tempo a nivel tecnolóxico, e da gran influencia que teñen en todos os ámbitos da nosa vida ainda que ás veces non caemos na conta de ata qué punto nos vemos condicionados polas novas tecnoloxías.

 Pasamos de xogar na rúa e nos parques cos amigos ó escondite, a pillar e cousas similares, a xogar na casa, coa consola ou co ordenador. Pasamos de falar cara a cara a empregar o whatsapp, line, messenger e todas as posibilidades que temos ó noso alcance. Elimínanse as barreiras espazo-temporais empregando as redes sociais que nos permiten comunicarnos con xente de todos os lugares do mundo independentemente da distancia física que nos separe. De ter ducias de películas, cds de música, dvds etc acumuladas na casa, agora podemos ter todo iso e liña sen necesidade nin sequera de ter que descargalo. O mesmo ocorre con todos os documentos cos que algunha vez cargamos e que agora podemos levar no pendrive ou xa nin sequera iso, podemos acceder a todos os nosos documentos empregando o dropbox. E non falamos xa de aparellos como lavadora, secadora, aspiradora, robots de cociña... que nos fan a vida máis sinxela e nos aforran moito traballo e sobre todo moito tempo.

Está claro, que as novas tecnoloxías supoñen un grandísimo avance que nos permite realizar cousas que non fai tantos anos eran impensables. Coma todas as cousas, teñen a súa parte positiva e a súa parte negativa, todo depende do uso que fagamos delas, pois como ben se dixo sempre, "os extremos nunca foros bos".