Mascotas. Real Vs Virtual

¡¡Mamá, quero un can!! Realmente creo que o neno ou nena da miña xeración que negue haber dito esta oración probablemente minta. A gran maioría dos nenos da miña época ter un can ou outro tipo de mascota era un obxectivo vital. A pesar de que os membros da miña xeración fomos os primeiros en ter unha mascota virtual. O “tamagochi” marcou un antes e un despois á hora de que os nenos pidan algo que lles faga compañía. É certo que no ámbito rural se seguen mantendo as mascotas vivas como foi sempre, mais no contexto urbano a frase coa que comeza esta reflexión probablemente se vexa reducida debido ós suplementos creados polas grandes compañías de videoxogos.

O certo é que podémolo interpretar como un alivio para os pais, os cales mercando un simple aparato electrónico (videoconsola, móbil, etc.) cumpren en certa medida o capricho dos seus fillos e líbranse de ter ao seu cargo un animal o que lle teñan que dar de comer, limpar, entreter, coidar...

 Verdadeiramente estes avances tecnolóxicos axudou aos pais residentes nos pisos das cidades, mais persoalmente creo que este proceso de creación de substitutos aos animais biolóxicos estanse a perder grandes valores para os individuos. De ningunha maneira é comparable ter unha mascota viva con unha virtual, principalmente polo feito de que cun animal chégase a establecer un vinculo vital, o cal pode chegar a marcar a unha persoa ata o punto de que esa mascota se converta nun compañeiro na súa vida, un vinculo tan forte que ambas partes realicen verdadeiros sacrificios polo outro e que no momento no que unha das partes perda a vida, a outra non se sinta completa. En cambio no caso das mascotas virtuais, este tipo de relación é totalmente inexistente, xa que este tipo de mascota virtual carece de vida real polo que ao desaparecer o seu dono, esta tamén desaparece. Ademais este tipo de relación é absolutamente unidireccional, o controlador non recibe ningún tipo de cariño físico e real por parte da mascota.

Ó igual que se lle da importancia a perda de relacións físicas entre as persoas, tamén debemos recapacitar sobre a perda de relación dos suxeitos cos demais seres vivos. Deixémonos de “Pou”, “Nintendogs”, “Petz Catz Playground” etc., e démoslle un lugar onde vivir a unha criatura viva, que nos faga sentir e coa que podamos interactuar de  forma viva. 

Comentarios

  • Jorge Boga Martínez

    Moi interesante. Por suposto, a vida dun animal non pode ser comparada cun videoxogo ou unha aplicación. Cos animais pódense chegar a establecer, como ti dis, vínculos moi profundos que unha máquina, por moito que poida imitar, nunca  conseguirá acadar.

    Por outra parte, en moitas ocasións polo ben dos animais é mellor que as persoas teñan unha mascota virtual.

  • Daniel Peña Albores

    Tes toda a razón. Hai xente que non se merece ese pracer porque non o sabe disfrutar.

  • Sara Cancelo Pereiro

    ohhhh!! Acabo de levantarme a darle un mimo a mi gatita y todo ;)!

    Yo no era una de esas niñas que pedía un perro, ya que en mi casa siempre hubo mascotas (peces, tortugas, canarios, ninfas, hamsters, cobayas y gatos es el total que yo recuerde), pero si tuve una época en la que pedía el famoso “Tamagochi” (el cual nunca me compraron). Ahora me doy cuenta de que solo era un capricho y valoro mucho más a cada una de las mascotas reales que he tenido, ya que tanto el “Pou” como otros con los que jugué después llegaron a aburrirme muy pronto. Sin embargo, si que me parece que estas se puedan aplicar a los niños de hoy en día, juegos que sean más realistas y que enseñen todo lo necesario para el cuidado de las mascotas podrían servir como preparación para ellos para conocer todos los pros y contras de tener cualquier animal (obviamente no hablo de ninguno de los juegos que conocemos, sino de la necesidad de creación de uno realista que no se centre en conseguir logros o jugar a minijuegos).

    Pero aun así, estos no deben substituir al placer de tener una compañía real de una mascota con la que generar infinidad de vínculos y con la que aprender y adquirir valores que en mi caso, como dueña desde hace 3 años de una gatita (preciosa, por cierto), me han hecho disfrutar mucho. 

  • Daniel Peña Albores

    Eu non cambiaría a Ganja por ningún substituto virtual, e eso que a gata e túa!!! :)

  • Nerea Bastón Martínez

    Totalmente de acuerdo con todo y, sobre todo, con lo que dijo Jorge de que algunas personas "es mejor que tan solo puedan acceder a mascotas virtuales" para que no puedan dañar a una de verdad. No es en absoluto sustituíble una mascota real por una virtual, además muchos padres hoy en día aprovechan este tipo de juguetes para no tener que comprarles a los hijos una de verdad y no tener que comerse la cabeza, pero no vayamos a comparar una mascota con necesidades reales con una que puedes abandonar un mes si quieres y cuando vuelvas estará ahí limpia, alimentada y viva.