Nube de tags

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Tags de todo el sitio

A nosa biotecnoloxía: Iguais pero diferentes.

A realización deste vídeo supuxo para min un acto reflexivo sobre o meu percorrido da man da tecnoloxía. Nun primeiro momento, non atopaba demasiadas relacións coa tecnoloxía sobre todo nos primeiros anos da miña vida, pero tras facer a comparación coa miña compañeira, caín na conta de que case todo o que facemos durante o noso día a día garda relación con recursos tecnolóxicos.

Cando quixemos poñernos de acordo para a realización do vídeo, puidemos observar as enormes diferenzas que atopamos nas nosas relacións coa tecnoloxía. A miña compañeira amosaba moita máis distancia cara a mesma e pola contra, eu atopaba máis aproximacións. Decidimos pensar no motivo polo que amosabamos actitudes contrapostas e pensamos que unha das causas podería ser a influenza que ten o contexto xeográfico e familiar de cada unha. Observamos que, por exemplo eu, sempre vivín nun medio urbano no que normalmente tes máis facilidade de acceder ou aproximarte á tecnoloxía, pola contra a miña compañeira vive nun medio rural no que o acceso á tecnoloxía ou a determinados servizos que ofrece a mesma, non é tan sinxelo. Ademais, o contexto familiar tamén creemos que puido influír na nosa postura, xa que eu fun filla única ata fai pouco polo que os xogos sempre foron individuais e tecnolóxicos, por outro lado a miña compañeira ten irmás polo que o xogo foi máis interactivo. Finalmente, despois da análise realizada conxuntamente, decidimos montar o vídeo en función das nosas diferenzas.

Outro dos aspectos máis complicados, no momento de atopar a resposta, foi á pregunta formulada pola docente “¿Como cambiou o teu modo de aprender e relacionarte por mor da tecnoloxía?” a través da cal afondamos en aspectos positivos e negativos que nos transmiten, así como facilidades ou dificultades que se reflicten na vida cotiá.

Cabe dicir que o traballo realizado foi satisfactorio, posto que supuxo facer unha análise e unha reflexión moi interesante sobre un aspecto que quizais nunca tiña reparado nel. Ademais, a súa realización supuxo unha labor moi interactiva coa miña compañeira e tamén divertida.

Déixovos o enlace do noso vídeo, esperamos que vos guste.