Os docentes

A miña anterior entrada versaba sobre a influencia das tecnoloxías na familia, debido a isto e ás sesións interactiva e expositiva de hoxe nas cales abordamos de xeito xeral o eido das políticas educativas en materia de tecnoloxía. Considero importante tratar o presente tema dende a perspectiva dos docentes, posto que son xunto coa familia, os nosos primeiros referentes. Para isto debo resaltar a importancia dos docentes como factor estratéxico na consecución de todas as políticas educativas.

Neste senso, ademais de dispoñer dos equipamentos necesarios, é preciso establecer actuacións encamiñadas a fomentar o uso das tecnoloxías na aula sendo os docentes o eixe de toda actuación.

A UNESCO baseándose na idea de que as sociedades actuais están son sociedades de información, considera necesario que todo sistema educativo presente os seguintes obxectivos:

-          “ Constituír forzas produtivas dotadas de competencias en materia de TIC, que lles permitan manexar a información e lles proporcionen a capacidade de reflexionar, crear e solucionar problemas, coa fin de xerar coñecementos”

-          “Propiciar que os cidadáns sexan instruídos e capaces, de modo que cada un poida orientar con eficacia a súa propia vida e desenvolver unha existencia plena e satisfactoria.”

-          “Alentar a todos os cidadáns a que participen cabalmente na sociedade e inflúen nas decisións que afecten as súas vidas”.

-          “Fomentar a comprensión intercultural e a solución pacífica dos conflitos”.

 

Para dar resposta a estes obxectivos a UNESCO, recolle a importancia de que os coñecementos dos docentes non se limiten ao mero uso da TIC, senón que busca que os docentes sexan “Capaces de axudar aos estudantes para que estes traballen mancomunadamente, resolvan problemas e desenvolvan un aprendizaxe creativo mediante o uso das TIC, de maneira que cheguen a ser cidadáns activos.”

Está totalmente claro que a formación dos docentes e o eixe sobre o que xira unha boa educación que inclúa as tecnoloxías nos seus procedementos, con todo, Estase a facer como debería?

Dende o meu punto de vista, moitos dos docentes carecen da formación adecuada para levar a cabo actividades con calquera tipo de aparello electrónico. Sen ir máis lonxe cambiar a organización da clase xa foi un avance moi notable, así como o feito de permitir a participación activa dos alumnos nas mesmas. Todos estes cambios, aínda que paulatinos fóronse levando a cabo, aínda que con reticencias, posto que para moitos docentes estes non son necesarios, ou ben pola comodidade, por temor ou por falta de formación, feitos tales que son xustificación dabondo para non realizalos. Atendendo a isto, se causa temor o cambio da organización dunha clase e a avertura a posibles debates e interaccións, maior temor causará a utilización das tecnoloxías, posto que aínda que non se  careza de formación na utilización dos medios, soe darse a problemática de como no empregalos de maneira didáctica. No seguinte video refléxanse algún dos problemas que teñen os docentes ao tratar coas tecnoloxías. 

Hoxe en día, todo o mundo é consciente da importancia que ten a tecnoloxía nas nosas vidas, e posto que o eido educativo é un dos que máis papel xoga nela, non debe quedar ao marxe desta. 

 

Webgrafía:

UNESCO. Las TIC en la educación. Recuperada o día 9 de abril de 2013 de http://www.unesco.org/new/es/unesco/themes/icts/teacher-education/unesco-ict-competency-framework-for-teachers/

 Francesc Pedró. Tecnología y escuela: lo que funciona y proque. Fundación Santillana. Recuperado o día 9 de abril de 2013 de http://www.fundacionsantillana.com/upload/ficheros/noticias/201111/documento_bsico.pdf