404 Error: Humanity Not Found (Curtametraxe)

Un home acorda no leito xunto á súa parella.

 

Comeza a súa xornada, no transcurso da cal iremos contemplando a súa peculiar relación coa tecnoloxía.




Nesta curtametraxe plantexousenos o desafío de expresar visualmente a cuestión da nosa aprendizaxe ao redor da tecnoloxía. Decidimos plantexalo primeiramente coma unha curtametraxe muda e en branco e negro. Con isto procuramos non soamente unha certa unidade estética (coa referencia clara do cine mudo dos anos 10 e 20), senón tamén salvar as limitacións técnicas que nos supuña o feito de usar un teléfono móbil para gravar tanto a nivel de imaxe (pouca calidade da cor) como de son (calidade pésima no rexistro sonoro).

En canto ao contido, intentamos expresar a incomunicación que habitualmente experimentamos debido ao uso constante e inadecuado da tecnoloxía, o cal en ocasións nos limita na comunicación (e polo tanto na aprendizaxe) cercana, na aprendizaxe no encontro, no "tête à tête". Dese xeito, contemplamos na curta a progresiva dexeneración do protagonista, ata a perda total da súa humanidade, ata a súa desaparición.

Deixando aparte a aprendizaxe de cuestións técnicas para a realización do video, durante a súa elaboración tivemos que reflexionar sobre como nos afectaba a tecnoloxía na nosa relación coa aprendizaxe, a cal entendemos sobre todo como un intercambio comunicativo cos nosos semellantes. Un intercambio no que quizais estemos perdendo a dimensión máis próxima a nós, na procura dun camiño que nos leva cada vez a cotas máis altas de avance técnico, mais se cadra cunha base en constante debilitamento. Agardemos non converternos en xigantes con pés de barro.

 

 

Curtametraxe realizada por:

 

Javier Iván Rico

Sergio Rodríguez

Jesús Segura

 

Música:
Suite Bergamasque Nº 3 de Debussy, interpretada por Aldo Ciccolini.