Xeración Wikipedia

       Onte, na clase interactiva de Tecnoloxías da educación, fíxose referencia en certa medida a veracidade da información que podemos atopar en internet, e en concreto a Wikipedia ocupou bastante atención. A Wikipedia, como ben é sabido por case todo o mundo que é usuario de internet, é unha enciclopedia de contido e edición libre que recolle e almacena información. Actualmente, segundo un artigo que ollei fai uns dias conta con a tradución a  case 300 idiomas e con uns 4 millóns de artigos so en inglés ( que é a lingua máis utilizada nesta Wiki e en internet). Que dúbida cabe de que a Wikipedia actualmente é un referente a hora de elaborar  coñecemento no cotián.

        Pero non hai que esquecer que esta Wiki como tal, conta con aportacións de numerosas fontes pouco fiables posto que calquera pode acceder a editar calquera dato. Aquí emerxe un dos grandes problemas co que conta na miña opinión a Wikipedia, que non é un medio colexiado, e dicir, que os contidos so son “xulgados ou arbitrados” por calquera usuario, cabendo a posibilidade de que  algún contido que poida ser difícil de contrastar debido a súa natureza se converta a base de repetición en unha “crenza popular”, como pasa en numerosas ocasións en internet.

       O outro grande problema que xurde da Wikipedia e o fomento do chamado “copy paste”, como tamén o fan moitísimos medios de información en internet. Desta practica poden emerxer dous problemas:

       Por un lado a falta de respecto dos dereitos de autor ou creador, o cal e moi importe xa que, na miña opinión, quítalle valor a algo tan importante como a creación e difusión de coñecemento en internet.

       Por outra banda o nacemento da xa denominada en ocasións como a Xeración Wikipedia, actualmente sóese buscar a información rápida e concreta para “saír do paso”, non precisamente para aprender nin para contrastar. E máis, en realidade non creo que nin sequera poidamos considerar isto como a Xeración Wikipedia, senón máis ben como a xeración do primeiro parágrafo da Wikipedia.

      Polo tanto, podemos fiarnos de Wikipedia?. Certo que se ten demostrado que pode contar con tanto rigor como calquera enciclopedia ou artigo científico, polo que o seu grado de fiabilidade pódese considerar como moi alto. Pero isto non quita que debido o seu modo de funcionamento esteamos alerta ante o seu mal uso. Dende a miña experiencia teño usado esta Wiki en numerosas ocasións incluso para a elaboración de traballos, posto que en contidos digamos “importantes” soe contar con referencias en ocasións moi útiles.