Que é o b-learning?

O feito de non coñecer o termo b-learning (blended learning) que se mencionou na derradeira clase da materia de “Tecnoloxía Educativa” fixo que indagase sobre o mesmo e me dispuxese a elaborar esta entrada no blog.

Así, segundo a páxina web da Wikipedia, denomínase b-learning:

“El aprendizaje facilitado a través de la combinación eficiente de diferentes métodos de impartición, modelos de enseñanza y estilos de aprendizaje, y basado en una comunicación transparente de todas las áreas implicadas en el curso. Puede ser logrado a través del uso de recursos virtuales y físicos, mezclados. Un ejemplo de esto podría ser la combinación de materiales basados en la tecnología y sesiones cara a cara, juntos para lograr una enseñanza eficaz”.

Deste modo, dende o meu punto de vista considero este modelo de aprendizaxe totalmente favorecedor no proceso de ensino-aprendizaxe, xa que non só se acude ás clases de maneira presencial, senón tamén a distancia, podendo empregar tanto recursos tecnolóxicos ou físicos aportados polo profesor/coordinador do curso, xornada ou iniciativa na que esteas inmerso co fin de que experiencies, practiques e obteñas a máxima información e experiencia posible, retendo e aprendendo sinxelamente os contidos precisos debido á multiplicidade de medios e recursos que posúes.

          Ademais, reflexionando sobre  esta temática tomamos constancia das numerosas vantaxes que ofrece este tipo de aprendizaxe mediante un artigo da páxina web da Ciberaula:

  • Por unha banda, grazas ó e-learning diminúense moitos custes para o alumnado debidos ó desprazamento ou aloxamento para acudir a clases presenciais ou mesmo os custes para a propia institución (luz, auga, desgaste mobiliario...), existe flexibilidade temporal e a inexistencia de barreiras espaciais ó non precisar que os integrantes do curso se unan nun mesmo lugar e tempo. Engadimos do mesmo modo, a rápida actualización dos materiais e as novas formas de interacción entre o alumno e o profesor. Porén, destacamos un gran inconveniente: non poder acceder a un ordenador ou a Internet ou posuír coñecementos limitados en TIC`s. (Heinze, A. e Procter, C., 2004).
  • Por outra banda, coa formación presencial gañamos en motivación dos participantes do curso ó haber unha interacción física, favorecendo a creación de vínculos entre os mesmos, así como a realización de tarefas máis complexas que se meramente e soamente se desenvolveran de maneira virtual.

           Dende a miña perspectiva, calquera modelo de ensino-aprendizaxe sempre vai a posuír as súas vantaxes e os seus inconvenientes, porén coa mestura de ambos conseguimos erradicar (de modo xeral) as problemáticas que poderían existir con un só modelo de aprendizaxe.

          Sen máis, apuntar que cada educador, mestre ou profesor de ten que adaptarse ás xeracións do presente, non quedarse en fórmulas do pasado que non incidan nos alumnos, por iso esta estratexia de ensino-aprendizaxe é a máis idónea para a actualidade dende a miña maneira de ollar para conxugar pasado e futuro, de maneira que se xogue sempre coas vantaxes dun e doutro para facer da aprendizaxe unha aprendizaxe efectiva.

 

                                            image   

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA:

Heinze, A. e Procter, C. (2004). Reflections on the use of blended learning.  Proceedings of Education in a Changing Environment. Conference Proceedings. Celebrado en Salford no día 13 e 14 de Setembro. Salford: Education Development University Unit.

http://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_semipresencial (Consultada o día 9/04/2013)

http://www.ciberaula.com/articulo/blearning (Consultada o día 9/04/2013)