• Blogs
  • silvia
  • ¿Qué aprendín mediante a realización do vídeo?

¿Qué aprendín mediante a realización do vídeo?

Despois da realización do vídeo, considero importante facer unha valoración que recolla tanto aqueles aspectos positivos como negativos cos que nos atopamos á hora de desenvolver esta actividade. 

Lendo algunhas reflexións dos meus compañeiros acerca do que lle parecera a realización desta actividade, puiden comprobar que a primeira reacción ante dita proposta era de medo e incluso angustia, xa que non era so unha actividade nova para nós, senón que a súa realización implicaba manexar programas como moviemaker, que nun primeiro momento poden resultar algo complexos.

Sen embargo, a min, particularmente, pareceume unha actividade interesante pero tamén complicada, xa que por un lado era un exercicio motivador que non estamos acostumados a facer noutras materias, pero por outro, tamén complexa xa que tiñamos que reflexar nun vídeo, de corta duración, como cremos que influía a tecnoloxía na nosa maneira de aprender.

A partir deste momento, a miña compañeira e eu comezamos a pensar na información que queríamos transmitir no vídeo, algo que nos resultou complexo, xa que tiñamos moitas ideas, pero de difícil exposición nun vídeo.

Sen embargo, unha vez decidida a información que queríamos transmitir, tivemos que pensar nas imaxes que empregaríamos na elaboración do vídeo. Así pois, decidimos empregar imaxes collidas na rede, pero tamén empregar a cámara para retractar as nosas propias fotografías así como gravar os nosos vídeos. A idea que queríamos transmitir e que as novas tecnoloxías inflúen considerablemente na nosa maneira de aprender, pero tamén no qué aprendemos. Así pois, chegamos á conclusión de que debido á gran información a que temos acceso en internet, podemos afondar máis nos diferentes contidos, e polo tanto esa aprendizaxe afecta ao qué aprendemos. Isto é así, posto que a través de buscar información en diversas páxinas web sobre aqueles contidos que nos chaman a atención, afondando máis nos coñecementos que nos interesan, e polo tanto, asimilando e procesando mellor a información encontrada.

Respecto da montaxe do vídeo, dicir que me resultou un pouco complexa, xa que aínda que utilizara con anterioridade o moviemaker, a montaxe do vídeo foi un proceso interminable, xa que o programa se cerraba de formaba inmediata, e tiñamos que realizar o mesmo traballo unha e outra vez. Finalmente, pese aos problemas técnicos durante a montaxe do vídeo, conseguimos que o resultado final fose o esperado.  

Por todo o exposto anteriormente, considero que con esta actividade aprendín a manexar mellor o moviemaker, pero tamén a coñecer como inflúe a tecnoloxía tanto nos coñecementos que adquirimos como na maneira que temos de acceder aos mesmos. 

Deixovos o enlace para que poidades ver o vídeo: