Tecnodependentes e tecnoadictos

   Proba de que as tecnoloxías han de saberse empregar de maneira axeitada, é o xurdimento nos últimos anos de novas enfermidades psicolóxicas como é o caso da tecnodependencia e da tecnoadicción. en ámbolos dous casos se trata de persoas que naceron a partir do ano  1980 e que manexan na actualidade diversos tipos de tecnoloxía con facilidade: ordenadores, teléfonos móviles,etc; e que manteñen gran parte das súas relacións a través das redes sociais.

   "O tecnodependente non conectado chega a manifestar cambios de humor frecuentes, irritabilidade e tendencia a depresión. Trátase de persoas que se ven obrigadas a estar continuamente conectadas, xa sexa por cuestións de traballo ou polas súas relacións sociais".

    Por outra banda cando dende o ámbito da Psicoloxía se fala de tecnoadictos, refírense xeralmente aos aficionados ós videoxogos online que poden chegar a pasar horas ou incluso días enteiros diante da pantalla. Neste caso trátase dunha patoloxía máis grave podendo chegar a producir deterioro cognitivo, problemas nas relacións sociais, familiares e laborais.

    A este respecto considero que vivimos nunha sociedade tecnodependente, onde para algúns (entre os que me inclúo) o móvil se convirte nunha prolongación máis do corpo, onde temos que estar as 24 horas do día conectados e localizables, onde publicar a cada segundo como nos encontramos e porqué se convirte case nunha necesidade, onde empregamos as tecnoloxías moitas veces para conversacións irrelevantes, nunha sociedade onde lle adicamos máis tempo a sacarnos 54.859.869 fotos cos amigos subilas e comentalas, que a relacionarnos en persoa.

    Con isto non quero dicir que as tecnoloxías sexan aditivas, se non que baixo o meu punto de vista, o que existen son personalidades aditivas. A pesares do que algúns autores sosteñen, para min non é a propia tecnoloxía a que causa as patoloxías anteriormente mencionadas, se non o uso que nós mesmos facemos delas.

    Neste sentido estimo que pedagogos e demais profesionais da educación deben de educar nas tecnoloxías e elaborar pautas de actuación común cos pais para lograr concienciar xa dende a infancia da importancia de facer un uso racional delas.

    Persoalmente posicionome a favor dun uso moderado e contextualizado, empregándoas cando nos sexan necesarias tendo sempre claro cal é o fin que pretendemos conseguir con elas, ven sexa facer traballos, xogar, chatear,etc.

En definitiva, empregar as tecnoloxías de xeito responsable, consciente e consecuente.

 

image                     image

 

A primeira das viñetas mostra a forte dependencia que temos das tecnoloxías a hora de desenvolver a comunicación interpersoal e a segunda delas a carencia dun uso racional das mesmas empregándoas de xeito indiscriminado.

Que opinades vós ao respecto? Somos realmente tan dependentes? E de ser así...existe a posibilidade de mudar esos hábitos?

 

Webgrafía:

http://www.imserso.es/InterPresent1/groups/imserso/documents/binario/s300reportaje.pdf

http://tn.com.ar/tecnologia/tecnodependientes-tecnofobos-tecnoestresados-y-tecnoadictos_058329

http://edufusion.webnode.es/products/trastornos-psicologicos-derivados-de-las-tecnologias

http://www.unioviedo.es/reunido/index.php/PST/article/view/8888