A formación tecnolóxica do profesorado

    O profesorado debe de ser quen de adaptarse aos novos tempos e as necesidades que xenera a sociedade e en consonancia ás necesidades dos alumnos. Debe de deixarse a un lado o modelo de profesor tradicional considerado como único posuídor e transmisor de coñecemento, xa que os alumnos tamén temos a capacidade de crear coñecemento novo e de compartilo cos outros a través de  diversas canles. 

    Por isto creo que o papel do profesorado debería de centrarse en desenvolver as estratexias necesarias para ser quenes de achegar ós alumnos a distintas fontes de información e fomentar neles a análise, a valoración e o pensamento crítico que os levará en última instancia a xerar coñecemento por eles mesmos. "Aparece así la figura del profesor como facilitador frente al profesor centrado en la transmisión de conocimiento, asentado en bases de poder, conciencia social e política..." (Fernández Muñoz,1994,p.62). Polo tanto o meu entender, o profesor do s.XXI convértese nun dinamizador, que ten que ser quen de poñer ao alcance dos alumnos as estratexias e instrumentos precisos para que éstos contrúan o seu propio coñecemento, facéndoos donos dos seus aprendizaxes e non escravos.

    Así o profesor ten que adaptarse e renovarse continuamente en función dos constantes cambios que sofre tanto a sociedade como o sistema educativo. E aquí onde entra en xogo a formación do profesorado nas Novas Tecnoloxías.

    Ao respecto da incorporación destas nas escolas,considero que aínda hoxe en día, e moi escasa e aínda así na maioría dos casos se trata de simples introduccións que en realidade non producen ningún tipo de mellora ou beneficio, e as veces nin tan sequera cambio, no proceso de aprendizaxe. Neste senso, estimo que un dos problemas e a falta de programas de formación específicos que se dirixan ó profesorado, non só para aprenderlles a manexar o ordenador ou usar o powerpoint, se non para en primeiro lugar conciencialos dos beneficios, vantaxes e gran amplitude de posibilidades que lles ofrecen tanto a eles como ós alumnos, un uso axeitado das tecnoloxías.

    Persoalmente propoñería que a participación neses programas se estendése a todo o profesorado para evitar que uns as empreguen e as fomenten, e outros reneguen delas e as criminalicen. Baixo o meu prisma non todo é branco ou negro, e o profesorado tamén debería de ter claro que nin todo son vantaxes nin todo desvantaxes.

    Se de primeiras algún ten prexuízos cara elas, medos ou inseguridades, difícilmente se implicará ou estará o suficientemente motivado para aprender el mesmo,e moito menos para ensinar a través delas e con elas.

    Por isto creo necesario formar primeiro en actitudes para que posteriormente se poida facer realmente efectivo a adquisición dos coñecementos e habilidades específicas, que se poderán concretar logo na práctica no contexto da aula.

    Por suposto que gran parte da responsabilidade en que se faga un uso educativo das tecnoloxías residirá no profesorado, pero o que non podemos facer tampouco é botar balóns fóra.

   Baixo o meu punto de vista, o goberno a través das políticas educativas deberá implicarse máis con este tema e sobre todo preocuparse de dotar non só dos medios materiais, se non tamén de profesionais especializados nas TIC que apoien ao profesorado no contexto dos centros educativos, así como programas de formación nas tecnoloxías axeitados e a reestruturación dos espazos dos centros para adaptarse aos novos materiais.

  

 image                  image

 

    A primeira das viñetas mostra unha das problemáticas que tratamos na clase expositiva do día nove. Así faise referencia a introducción das tecnoloxías no centro educativo primeiramente dirixida á realización de labores de administración, neste caso aparece a directora manexando o ordenador, e polos comentarios dos profesores que están atrás vése que quedan excluídos totalmente do seu manexo. Non vos parece criticable que o primeiro ordenador que se destine a un centro se dirixa a administración? A min pareceme que desde logo se relega a educación a un segundo plano e se me apurades a un terceiro.

    A segunda fotografía reflicte a falta dunha formación de calidade e esixente dos programas de formación nas tecnoloxías dirixidos ó profesorado. E o certo e que as veces se realizan cursos de unha semana ou tres días, nos que realmente nin se ensina nin se aprende nada e cuxo único obxectivo e acadar un título.

Que opinades vós ó respecto?


Webgrafía:

http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Segovia.htm

http://prometeo.us.es/recursos/medios_y_recursos/rolprofe.htm