Son as redes socias un impedimento para acadar unha boa produtividade no traballo?

Aínda que nun primeiro intre consideraba que a resposta á pregunta plantexada (Son as redes socias un impedimento para acadar unha boa produtividade no traballo?) era afirmativa, xa que reflexionando acerca do tema supuxen que ó desligarse das tarefas propias que estaría a levar a cabo calquera traballador lle custaría de novo, logo de visitar as redes socias, un esforzo a maiores ó resituarse de volta na actividade que estaba a desenvolver. En contraposición, levei unha sorpresa, porque segundo algúns estudos a resposta á pregunta é negativa e, aínda máis, as redes sociais axudan a incrementar a produtividade no traballo.

            Desta maneira, mediante as páxinas webs Terainfo.net e Tendencias21.net tiven constancia expresa de que: “Personas que usan 5 o más redes sociales durante las horas laborales, aumentan su productividad en el trabajo”. Indagando un pouco máis polo miúdo sobre esta temática obtiven o motivo principal polo que se desenvolve este aumento de produtividade, debéndose isto á diminución do estrés ó relaxar a mente ó visitar algunha rede social, realizar algunha compra on-line, controlar o correo electrónico..., é dicir ó realizar un e-descanso.

                                              image

            Son múltiples os beneficios que se obteñen para os empregados e a propia empresa cando se levan á práctica os e-descansos. Algunhas destas vantaxes veñen explicitadas nas páxinas que citamos con anterioridade: “Estos descansos hacen que los trabajadores prioricen y gestionen mejor su trabajo (...) contribuyendo a crear un ambiente de trabajo basado en la confianza (...) “libera” la mente de los trabajadores y les da más tiempo libre después de su jornada laboral”. Créase un clima de confianza, xa que os xefes brindan ós seus empregados un tempo navegando pola internet, no que estes poden executar todo aquilo que desexen, así se teñen que pedir algunha cita médica ou efectuar algunha compra, xa o poden realizar on-line, tendo máis tempo libre despois da xornada laboral como se comenta na cita ou sentíndose máis tranquilos ó deixar xa realizados algúns trámites do seu día a día e podérense centrar máis na tarefa propia da empresa.

            Doutra banda, un aspecto que non se comenta nestas páxinas webs é que, ó igual que en múltiples contextos da vida actual, os descansos dos empregados tamén deben modificarse a causa do empuxe das tecnoloxías. No pasado e aínda na actualidade, tomábase un café, fumábase e falábase cos compañeiros, hoxe en día, dende a miña perspectiva, todo está a cambiar, xa non se presentan tantos nenos xogando nas rúas cos seus balóns senón que se localizan na casa, xogando con aparellos tecnolóxicos; acudimos con menos frecuencia a comprar á tenda ó realizalo xa pola internet; non mercamos o xornal senón que xa nos mantemos ó día mediante a rede...,todo esta a mudar, e os descansos que se levan a cabo nas empresas tamén. Para concluír, dicir que, estamos comunicándonos e conversando coas persoas máis a miúdo polas redes socias que cara a cara, e isto pouco a pouco vai afectando ás diferentes esferas da nosa vida, e como non, ó eido laboral.

 

WEBGRAFÍA:

http://terainfo.net/productividad/quienes-usen-multiples-redes-sociales-seran-mejores-en-el-trabajo/ (Consultada o día 12/04/2013)

http://www.tendencias21.net/Facilitar-el-acceso-a-redes-sociales-en-el-trabajo-aumenta-la-productividad_a2312.html (Consultada o día 12/04/2013)