Curtametraxe

Hoxe ofrezo a miña reflexión sobre a actividade de elaboración da curtametraxe da clase de Tecnoloxía Educativa, que consistía en plasmar como a tecnoloxía cambiou algún aspecto da nosa forma de aprender.

Nun primeiro momento falamos de moitas ideas sobre a realización do vídeo, dende a temática a tratar ata a maneira de elaboralo e filmalo, ideas que logo de analizar e preguntar a profesora acabaron dando un xiro de 180º.

Finalmente, considerando as nosa carencia de medios (o vídeo foi gravado pola cámara dun teléfono móbil) optamos por gravar un vídeo facendo alusión a estética e técnica utilizados nas míticas películas do cine clásico de principios do século 20. Así solucionabamos dúas cousas, por unha banda, como nas películas mudas, non tivemos que gravar sons con a mala calidade do móbil, e por outra, o ser en branco e negro, non se notaba tanto a baixa resolución da cámara. Logo de barallar entre varias temáticas, decidimos optar por facer alusión a falta de comunicación directa e real que se da en moitas ocasións debido a un uso esaxerado da tecnoloxía, un uso que corta a comunicación directa de persoa a persoa e lle quita en gran medida humanidade a este proceso.

            Por último, logo de grabar numerosas tomas, decidimos utilizar para a montaxe un programa chamado “Soni Vegas Pro 10”, posto que eramos “case” coñecedores do seu funcionamento e ofrece numerosas opcións. Logo de ter o vídeo montado, atopámonos con o problema de que pesaba demasiado, pero este problema foi relativamente fácil de solucionar utilizando outro programa chamado “Format Factory”.

            Como conclusión final coido que esta practica nos serviu máis que nada para, por un lado reflexionar sobre como a tecnoloxía nos cambiou e nos esta a cambiar en todos os ámbitos, e por outra a ser capaces de buscar solucións ante varios tipos problemas: problemas técnicos con os programas, con o móbil a hora de gravar, buscando a mellor maneira de plasmar a nosa idea.... E por último, tamén demos de conta de que sen necesitar moitos recursos, só tendo unha idea e dedicándolle un pouco de esforzo, os resultados poden ser bastante bos.