Tecnoloxía Educativa: resumo da clase

Durante as dúas últimas clases, tratamos o tema da búsqueda de información en internet. Para comezar, buscamos individualmente información sobre políticas de integración de tecnoloxías nas aulas. A finalidade desta búsqueda non era tanto atopar a información senón máis ben ver cómo realizabamos esa búsqueda.

A raiz desta actividade, dámonos conta de que non buscamos ben a información, pois na maioría das ocasións empregamos sempre o mesmo buscador (google), deixando así de facer uso dos buscadores específicos que nos permiten atopar información sobre o tema concreto que desexamos consultar sen correr o risco de acceder a información que non está contrastada, e polo tanto non nos proporciona fiabilidade.

Do mesmo xeito, non empregamos ben os termos para buscar a información, pois en moitas ocasións, escribimos no buscador frases longas e pouco precisas que nos levan a infinidade de enlaces que nin sequera teñen que ver co que queremos acadar. Isto pode solucionarse escribindo as frases entre comiñas, para acceder só aos artigos ou páxinas que nos que apareza esa frase textual. Ademáis, podemos eliminar palabras da frase inicial, empregar a búsqueda avanzada, delimitar as datas de publicación etc.

Para atopar opcións de mellora, fixemos outra búsqueda sobre recursos que nos permitan mellorar as buscas de información que facemos na rede. Así vemos que ademáis do Google,  existen outros moitos buscadores que nos poden axudar a obter información específica, como é o caso por exemplo de Buscopio, que é un buscador xerárquico, ou dialnet, que e un buscador exclusivamente de revistas.

Como resultado destas dúas sesións de clase, quedoume claro que non podemos quedarnos só cun buscador que é o máis empregado, senon que debemos botar man daqueles buscadores específicos que nos ofrecen información contrastada. Así mesmo, cando realizamos unha búsqueda, temos que consultar varia fontes diferentes xa que segundo cal sexa o lugar de onde procede a información que obtemos, será diferente a perspectiva desde a cal sexa tratada e polo tanto pode incluso chegar a modificarse os datos que se presentan.

Por outra banda, é importante tamén diferenciar entre blogues, nos que o que se presentan son opinións personais da persoa que escribe, e páxinas de datos oficiais, como é o caso por exemplo da páxina do Ministerio de Educación, ou de páxinas nas que presenta información baseada nunha fundamentación teórica e polo tanto proporciona maior fiabilidade.

En definitiva, Internet pon ó noso alcance infinidade de posibilidades de búsqueda de información e nós o que temos que facer é un uso axeitados das mesmas.