A importancia dunha boa procura

A través da evolución das tecnoloxías na escola, comezamos unha tarefa, que polo menos no meu caso me aportou bastante información.

As dúas últimas sesións interactivas versaron sobre a procura de información, a primeira delas orientada a que cada un de nos procurase información sobre un tema en concreto, neste caso, as políticas de integración das tecnoloxías nas escolas. A partir desta primeira búsqueda cada un de nós comentou que métodos empregara para atopar os distintos documentos e páxinas web. Neste sentido, no meu caso en particular e como sempre, acudín en primeiro lugar a Google, onde a través da búsqueda simple de palabras clave fun atopando una serie de documentos. Foi na bibliografía dun destes documentos, onde atopei enlaces a outras páxinas, neste caso institucións oficias. A partir desto considerei necesario facer una búsqueda complementaria e foi aquí cando accedín a Dialnet. Onde atopei una serie de documentos que trataban a temática.

Esta primeira incursión valeunos para coñecer os distintos recursos nos cales nos apoiaramos cada un de nós así como nos aportou unha serie de claves para mellorar a nosa búsqueda como a importancia das datas, encanto á actualidade dos documentos, así como o emprego de estratexias como as comillas para facer búsquedas máis concretas. Ademais reforzamos a importancia de contrastar a información. Neste sentido aínda que consideramos que é bo empregar webs oficiais, tamén é bo obter outras versións. Así mesmo destacamos a rede Dialnet como unha boa fonte de información debido á avaliación á que é sometida.

Pero sen dúbida o punto álxido destas sesións atópase na última destas. A raíz dunha tarefa programada, na cal se nos indicaba que obtivemos axudas e buscadores no web que nos permitisen mellorar a nosa adquisición de información na rede. Cando a través das búsquedas dos meus compañeiros fun comezando a anotar o nome de distintos buscadores ou metabuscadores que non coñecía. A procura que eu realizara centrábase nunha presentación Power- Point, na cal se recollían unha serie de claves para a mellora das túas procuras, así como aportaba o nome de distintos buscadores e metabuscadores que podían serche de utilidade. Con todo, non coñecía moitos dos datos que foron saíndo, entre eles o Filtro 2.0 do cal non tiña nin idea e me pareceu moi interesante.

Centrándome xa na segunda parte da sesión, neste momento é Adriana quen comeza a aportarnos maior información e exemplos sobre cada un dos temas tratados. Neste senso, falamos de distintos buscadores:

- Buscadores xerárquicos (Yahoo!): Organizados en áreas e temáticas.

- Buscadores automáticos (Google): Maior número de visitas á páxina.

- Buscadores Toolbar: Barras de ferramentas que se anclan ao teu anvegador web.

- Metabuscadores (Yippy, Dogpile): Realizan procuras en varios buscadores.

- Buscadores de noticias (Cunoticias): Centrado na información que aportan distintos xornais.

- Buscador de buscadores (buscopio): Permite seleccionar o mellor buscador para realizar unha procura.

Unha vez traballado con cada un destes, e vendo as fontes de información dos mesmos, por exemplo no caso de Dogpile as fontes son Yahoo e Google, analizamos outros recursos da web. Neste senso, volvimos a falar de Dialnet en canto a artigos científicos así como falamos de Scirius un buscador especializado en información científica. Pero sen dúbida o aspecto que máis me chamou a atención foi a idea da folsonomía, baseada na posibilidade de compartir links, atendendo a isto dúas foron as páxinas tratadas Delicius e Diigo. A primeira delas, permíteche crear un perfíl no cal ti podes compartir os links que utilizas ao realizar un traballo. Deste xeito telos gardados nun sitio onde sempre os vas poder empregar para calquera consulta, así mesmo permíteche poder acceder aos links doutros usuarios. En canto á segunda web, facilítache poder compartir documentos cos que estas traballando e nos cales engades notas, possits, imaxes entre outros aspectos.

Un dos últimos aspectos tratados foi o botón RSS, dispoñible na maioría das páxinas web e a partir do cal podemos ter información das actualizacións que esta páxina ten a través do correo electrónico. Non coñecía a existencia deste instrumento e de agora en diante creo que me vai ser de moita axuda.

Mais todo isto tiña un porque e o obxectivo desta actividade no só era mostrarnos recursos, senón que nos indagásemos sobre a confiabilidade da información en internet. E neste sentido quedámonos cos seguintes aspectos a ter en conta:

- Actualización das páxinas ou documentos

- Autoría dos mesmos

- Páxina web de procedencia (privada, organismo oficial,…)

- Determinar buscadores a empregar

- Contrastación da información

Como dixen ao comezo, levar a cabo esta actividade aportoume moita información, numerosa cantidade de recursos que non coñecía e unha nova visión acerca da forma de buscar información e os recursos que teño para mellorar a validez e importancia da mesma.