RESUMEN CLASE INTERACTIVA 16/04/20013; mais aló de Google

Tras levar a cabo a clase do día 16/04/2013 realizarei un pequeno resumo da mesma, centrándome en todos aqueles aspectos que me chamaron a atención.

Resaltar que está clase foi adicada aos diferentes métodos existentes para realizar búsquedas fiables na rede. Para realizar a síntese desta sesión centrareime en nomear e explicar todos aqueles métodos que sairon a luz. Enfatizar que a maioría dos métodos expostos eran descoñecidos para min. A continuanión enumerareinos:

  • Aproveitarse da axuda presente nos diversos buscadores existentes
  • Revisar tutoriais onde se presenten formas de búsqueda axeitados e fiables
  • Aproveitarse dos diversos filtros existentes nos buscadores (como poden ser: imaxe, son, vídeo…) Exemplo. Filtros 2.0 que se ubican nas diversas redes sociais existentes, e xeralmente son fiables
  • Utilización de “Meta” ou “Multi” buscadores como poden ser “Metacroer” ou “Ixquick”
  • Utilización de diversos buscadores como poden ser: Google Académico, Ask..
  • Utilización de buscadores científicos como pode ser el CSIC
  • Utilización de bibliotecas online como pode ser “Gallica”
  • Os repositores das distintas universidades (que pode semellarse a un almacén de recursos dixitais aberto, e dicir de forma gratuita)

Tras estas aportacións por parte dos alumnos, a profesora amosounos dunha forma moito mais clara e ordenada os diversos tipos de buscadores que sinalarei a continuación, realizando una pequena explicación dos mesmos.

  • Xerárquicos: Recorren as páxinas recopilando información sobre os contidos das páxinas. Cando se busca unha información nos motores, eles consultan a súa base de datos e presentan resultados clasificados pola súa relevancia. Das webs, os buscadores poden almacenar dende a páxina de entrada, a tódalas páxinas que residan no servidor.
  • Multibuscadores: É un programa que permite buscar en Internet un mismo contido en múltiples motores de búsqueda. Exemplo “Yippy”
  • Metabuscadores: É un sistema que localiza información nos motores de búsqueda mais usados e carece de base de datos propia e, no seu lugar, usa as de outros buscadores e mostra unha combinación das mellores páxinas que devolveu cada un. Exemplo: “Dogpile”
  • Buscadores de noticias: É un buscador de noticias que rastrea en tempo real e de forma constante información nos principais medios de comunicación online. A información é clasificada e categorizada por temas e noticias relacionadas. Exemplo: Cunoticias.com
  • Buscador de arquivos
  • Buscador de buscadores: Sistema que se encarga de amosarnos os diferentes buscadores existentes na rede. Exemplo: “Buscopio”
  • Buscadores de links: Céntranse na búsqueda de links utilizados polos diversos usuarios ou por nos mesmos. Exemplos: “Diigo” ou “Delicius”

Por último, dicir que tamén se falou nesta sesión acerca do seguimento ou non dos alumnos, nas súas redes sociais, páxinas ou aspectos relacionados coa nosa carreira. Algunas das páxinas que sairon a luz nesta sesión poden ser: “La colmena pedagógica” ou “Pedagoxía social crítica”, ademáis tamén saiu o nome de Eduard Punset entre os autores seguidos polos discentes.

Destacar que esta sesión serviume de grande axuda xa que habitualmente, por non dicir sempre, a miña búsqueda reducese a utilización do buscador “google”, por isto, os contidos dados nesta sesión, ábrenme numerosas portas ou vías para realizar búsquedas na rede, e sobre todo, e mais importante, dunha forma eficaz.