Maior número de persoas con acceso a Internet.

Buscando algunha noticia sobre tecnoloxía, atopei esta noticia do País na que se fala de que cada día aparecen 1,5 millóns de usuarios de Android máis, ademais aparecen declaracións do presidente executivo de google Eric Schmidt o que confirma que se pretende establecer un prezo asequible os móbiles para que cada vez exista máis xente con conexión a internet no mundo.

Con isto por unha parte refléxase a preocupación de que todos teñamos as mesmas posibilidade de ter acceso as novas tecnoloxías, por outra parte tamén abre un debate entre as relacións sociais mediante a tecnoloxía ou a través do contacto entre persoas. 

Gustaríame saber que opinades vos respeto a esta idea, si considerades que se pode compaxinar este tipo de relacións ou si verdadeiramente unha sobre pasa a outra.

http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2013/04/17/actualidad/1366190261_151477.html

Comentarios

  • Patricia Romero Rey

    Eu creo que, para empezar, por moito que se diga que se está tratando de dar as mesmas posibilidades a todas as persoas en canto a adquisición de internet e de novas tecnoloxías, non é así. Penso que cada vez as desigualdades son maiores, e sempre estaremos uns por diante de outros, xa sexa por razóns económicas ou de outra índole. E si sería interesante que todos teñamos as mesmas posibilidades, xa comezando porque todos temos os mesmos dereitos e tamén deberes, pero tamén porque a través das novas tecnoloxías nos podemos comunicar con persoas doutras culturas, polo que estaríamos favorecendo a diversidade cultural, o multiculturalismo.

    Non sei se con isto respondo exactamente o que ti preguntas, pero creo que é importante recalcar isto!

  • Estefania Lopez Penin

    Creo que a túa resposta é a máis acertada. Aínda que nos intenten facer ver que se traballa para que todos teñas as mesmas posibilidades a realidade é que sempre hai quen esta por encima de nos, e os que estan moi por debaixo. Por iso son moitos os aspectos que teñen que cambiar, e que poñan prezos máis asequibles pode axudar pero non cambia as desigualdades.