Resumo sobre contidos tratados o día 16 de Abril.

Despois da clase interactiva e expositiva do día 16 de Abril, cheguei a conclusión de que os buscadores os que sempre recurrimos neste caso "google" non é o único. Si é certo que sabía que existían outros buscadores pero creía que o mellor que podía empregar era google. Ahora sei que isto non é así e que existen moitos buscadores que proporcionan información en moitos casos mellor que a de google.

Pois ben, para que quede recollido os aspectos que tratamos na sesión; vou definir que é un buscador e vou mencioar diferentes tipos de buscadores que traballamos na clase, para que queden claros aspectos moi importantes que debemos ter en conta para a búsqueda de información en internet.

Un buscador é unha páxina web na que se ofrece consultar unha base de datos na que se relacionan direcións de páxinas web co seu contido.

Existen varios tipos de buscadores.

-  buscadores xerárquicos que recorren as páxinas recopilando información sobre os contidos. 

-  buscadores toolbar: son buscadores que distribúen unha barra de ferramentas de búsqueda que pode ser instalada nos navegadores web dos usuarios concedendo un servizo extra.

- Multibuscadores: son os buscadores que che permiten buscar en moitos buscadores o mesmo tempo.

- Metabuscadores: son buscadores que recollen información de varios buscadores a vez.

Ademais de este tipo de buscadores tamén existen buscadores de noticias, buscadores de archivos ou buscadores de buscadores.

Estes son os aspectos máis relevantes que tratamos na sesión sobre os buscadores, espero que vos sirva de axuda.

Webgrafía.

http://www.aula21.net/tallerwq/buscadores/buscador1.htm

http://www.headways.com.mx/glosario-mercadotecnia/definicion/search-toolbar-barra-de-herramientas-de-busqueda