As redes sociais

#socialmedia from ABOVE on Vimeo.

Canta verdade en tan pouco tempo! iso foi o que pensei ao ver este pequeno video no cal se fai unha clara crítica ao uso das redes sociais. 

Facebook, twitter,... son un reflexo do que nos acontece en todo momento, recollen información das nosas vidas e dos nosos gustos, así como nos ocupan un tempo que a veces non temos. Presentan, así mesmo tanta cantidade de información que é imposible manterse ao día, mais están adaptados completamente aos nosos hábitos diarios.

Que creedes que nos está a ocorrer?, É un feito pasaxeiro, unha moda, ou é unha nova forma de vida?, Creedes que é demasiado?

Creo que as veces non somos conscientes do que implica ocupar tanto tempo con estes medios, pero por outro lado é unha nova forma de manterte en contacto con outras persoas e de expresar o que sentes. Pode ser que sexa, por outro lado, un modo de permitir a túa liberdade. Pero, ata que punto existe esta liberdade?

Aínda que este é un tema moi importante, no cal podemos dicir que estamos totalmente inmersos, creo que non estamos reflexionando o suficiente. Seguro que ao ver o vídeo pensastes igual ca min, todo o que se conta é certo, nos somos os que en certa medida o podemos controlar, mais aínda que o critiquemos somos os primeiros en levar a cabo moitos dos tópicos que acompañan ás redes sociais.

Con esta entrada o que pretendo é aunar os diversos archivos e entradas de blogs que moitos de vos fostes subindo nos últimos días, e reflexar todas as ideas mostradas nun único lugar.

Espero que me axudedes a conseguilo!

Comentarios

  • Berta Varela Garcia

    Como xa comentei nalgunhas das miñas entradas e noutras dos compañeiros, considero que é unha moda á que estamos expostos, pero unha moda que se vai converter nun estilo de vida, porque non somos críticos cos feitos que estamos a desenvolver coas redes sociais. Persoalmente non me sinto inmersa nesa moda, en relación a moitas persoas non boto case ningún tempo nas redes sociais, e penso que todos deberíamos facer o mesmo, estamos desligándonos totalmente da sociedade, dos compañeiros que temos ó noso carón, deshumanizándonos quizais? como expresan algúns dos nosos compañeiros nas súas entradas.

    Expós que: "Pode ser que sexa, por outro lado, un modo de permitir a túa liberdade. Pero, ata que punto existe esta liberdade?". Non creo que as redes sociais nos brinden unha real liberdade, considero que teñen atada á sociedade, moitos adolescentes compiten por ver quen comunica máis sobre calquera aspecto da súa vida, envidias, apariencias...,veñen sendo valores que, segundo o meu modo de ollar están recreando as redes sociais. E así, perden a súa liberdade, o poder visitar lugares fermosos, acudir a conferencias interesantes ou mesmo ir á praia, non teñen tempo para iso porque as redes sociais son as que moven o seu mundo. Deste xeito, as redes socias venden unha liberdade falsa, encuberta; podes ter liberdade de opinión, de expresión, pero sácanche a liberdade de vivir, disfrutar, sentir, ulir, ollar...

  • coral lopez lozano

    Sorprendeume a túa aportanción, posto que a maioría da xente só se centra na liberdade de expresión e non tanto na que implica poder vivir. Moitas gracias polo que comentas, posto que como ti ben dis xa o fomos tratando noutros blogs e arquivos entón esto pode que quedese un pouco repititivo.