Sabemos buscar información fiable na rede?

Unha vez asistido as últimas dúas sesións interactivas, as cales xiraban en torno a unha búsqueda efectiva de información toca poñernos a reflexionar sobre o tema, pero antes toca facer un pequeno resumo de cada unha das sesións.

A primeira delas tiña como finalidade un primeiro contacto  coas ferramentas que facilitan unha búsqueda de formación efectiva. Para iso,Adriana mandounos buscar a cada un de nos e de xeito individual información sobre un tema en concreto, neste caso sobre as políticas de integración de tecnoloxías nas escolas. Unha vez finalizado o tempo requerido para esta primeira parte da sesión, era hora de poñer as nosas búsquedas en común para deste xeito aprender de todos nos. Foron moi diferentes os métodos de búsqueda, diferentes páxinas web polo que cada un de nós rematou a sesión con novas ideas sobre o tema: uso de comiñas, busqueda en páxinas oficiais (Dialnet, Ministerio de educación), uso de palabras clave e datas entre outros. Logo desta posta en común, a tarefa para a sesión seguinte consistia en buscar axudas e buscadores máis fiables que nos faciliten a búsqueda de información na web.

Esta última tarefa, foi o comezo da sesión interactiva seguinte. Esta nova clase comezaba pola exposición de xeito individual. Grazas a esta tarefa cada un de nós foi completando unha lista de buscadores debido a aportación do resto dos compañeiros. No meu caso os buscadores que eu tiña eran Dialnet, CSIC ( Consello Superior de revistas científicas), Rebium e Scribb. Grazas a aportación do resto da clase esta lista completouse por exemplo co uso metabuscadores ou multibuscadores como Metacrawler, Repositorios das universidades, bibliotecas Gratuitas online como Gallica ou filtro 2.0. Teño que matizar que da maioría deles non coñecía a súa existencia máis considero que son ferramentas interesantes e útiles.

Unha vez rematada a posta en común por parte dos alumnos, comezaba a parte máis expositiva por parte da profesora. Axudada dunha presentación power Point, Adriana facilitounos unha serie de buscadores así como algúns exemplos dos mesmos:

- buscadores xerarquicos: son aqueles que están organizados en función das áreas de coñecemento.

- buscadores automáticos como pode ser Google un claro exemplo.

- Metabuscadores ou multibuscadores. Neste caso o alumnado levamos a cabo unha serie de búsquedas nalgúns deles. En primeiro lugar realizamos unha búsqueda dun tema concreto  no metabuscador Yipp. Xunto coa miña compañeira, neste caso selecionamos documentos que aparecían en Scribb e Slideshare. Unha vez rematada esta búsqueda e vendo que estas ferramentas se repetian na maioría dos casos, a profesora explicou cada unha delas. No primeiro caso tratase dunha plataforma que conta con libros, presentacións power point accesible a todos os públicos. Só existe unha condición, para poder descargar algo é necesario subir un artigo de autoria propia. Descoñecia este feito, máis pareceume realmente interesante posto que é un método axeitado de crear e compartir coñecemento de xeito colectivo.

Outros metabuscadores tratados na sesión foron; dogpite, cunonoticias.com,buscador de buscadores ou buscadores de revistas donde unha vez máis saleu á luz Dialnet. Un tema realmente curioso foi a folsonomía. Isto consiste na posibilidade de compartir links. Este feito chamoume realmente a atención porque descoñecia totalmente a súa existencia e pareceume realmente interesante para tomar en conta á hora da realización dun traballo. Neste sentido cómpre mencionar a existencia de Delicious ou Diigo.

A clase remataba, pero antes foi necesario mencionar a necesidade de contrarrestar información para que o traballo final conte con maior calidade. Tamén é necesario actualizar a información, por exemplo grazas ao botón  RSS, non quedarnos só cunha fonte de búsqueda; ter en conta o ano e a autoria da publicación para saber de que estamos a falar.

Unha vez realizado este resume, cómpre facer unha pequena reflexión. A dicir verdade á hora de realizar un traballo non pensaba xamais nos primeiros pasos e da importancia dos mesmos. O meu primeiro paso era case unha costume, abrir o meu navegador para comezar a búsqueda en google sen pensar no amplo abanico de posibilidades que a propia rede me aporta. Non obstante, estas dúas últimas clases fixeronme reflexionar sobre o tema. Sen dúbida algunha a partir de agora os meus traballos comezaran por facer cada día máis eficiente a miña búsqueda na rede.