Tipos de asesoramento.

Profundizando máis no asesoramento, pódense destacar clasificacións variadas atendendo a criterios diversos, como os seguintes:

Segundo Zabalza (1996), o asesoramento pode clasificarse nos seguintes tipos:

  • Segundo os destinatarios:
    • Asesoramento a suxeitos considerados individualmente.
    • Asesoramento a procesos concretos que se realizan no centro ou na aula, como por exemplo a elaboración do PCC.
    • Asesoramento a funcións sectoriais dos centros como  pode ser o proceso de orientación a levar a cabo.
    • Asesoramento ó centro no seu conxunto, ó desenvolvemento e á mellora da institución. Este é considerado o asesoramento máis desexable posto que afecta a un ámbito amplo.

 

  • Segundo a natureza da demanda de asesoramento:
    • Cando non existe demanda e o asesoramento que se realiza responde máis á normal  que ás necesidades(asesoramento burocrático).
    • Cando a demanda é forzada pola presión directa ou indirecta de alguén con capacidade para exercela, como acontece coa dirección.
    • Cando a demanda é formal e se realiza polo órganos competentes da institución.
    • Cando a demanda xorde polo desexo de afrontar un problema  ou de mellorar a forma en que se están levando a cabo as cousas.

 

  • Segundo a quen se lle solicita o asesoramento:
    • Asesoramento solicitado a técnicos especialistas para que resolva o problema.
    • Asesoramento solicitado a colegas pertencentes ó propio centro ou a outros.
    • Asesoramento solicitado a profesionais con funciones como asesores de CEPs, compoñentes de equipos psicopedagóxicos e de apoio, profesores de apoio...

 

  • Segundo o contido da demanda:
    • Asesoramento puntual para resolver un problema concreto ou para analizar una situación específica.
    • Asesoramento informativo sobre determinados aspectos de interese como charlas, cursos específicos …
    • Asesoramento  no desenvolvemento de procesos cunha certa duración e cunhas fases establecidas que permiten establecer unha estrutura progresiva.
    • Asesoramento na formación e o desenvolvemento institucional, cuxo marco de referencia e os destinatarios os atopamos na institución no seu conxunto.

 

  • Segundo o tipo de relación que se establece:
    • En función do protagonismo que adquire a persoa que presta asesoramento.
    • Asesoramento como intervención(alguén de fora posúe competencias, recursos e a lexitimidade de intervir dentro, co que hai diferenza entre quen presta o asesoramento e quen o recibe) vs. asesoramento como acción (o asesoramento basease máis na colaboración  e se concibe como algo que non se realiza sobre senón con).