Como buscar eficaz e eficientemente na rede

   As dúas últimas clases interactivas da materia de Tecnoloxía Educativa, correspondentes aos días 9 e 16 de abril,centráronse na búsqueda de información de maneira eficiente na rede.

Deacordo con isto, na primeira das clases, pedíusenos que realizásemos a búsqueda na rede de Políticas de integración das tecnoloxías na escola e que a súa vez, deixáramos constancia das páxinas máis interesantes coas que nos atopáramos, gardando os respectivos links, así coma do buscador que empregáramos en cada búsqueda e os criterios que introducimos nel.

   A hora da posta en común,puidemos observar que a maioría de nós, empleáramos o mesmo buscador Google, e ademais que a hora de explicar as razóns polas cales nos decidimos por unhas páxinas e non por outras nos resultaba difícil de expresar os criterios polos que nós guiáramos,demostrando polo tanto a falta de consciencia que temos das nosas propias búsquedas, aínda que na maior parte dos casos o criterio "estrela" era a fiabilidade.

    A nivel persoal dita tarea, resultoume interesante xa que me permitíu tomar conciencia das miñas propias limitacións a hora de buscar información, xa que me centraba exclusivamente en buscar a través de dous buscadores e a verdade e que me resultou bastante desesperante xa que non lograba atopar documentos axustados ao criterio de búsqueda.

   A profesora deunos unha serie de consignas, para que lográramos realizar búsquedas máis "intelixentes": emplear máis dun buscador, aprender a saber buscar mellor en Google, buscar en repositorios institucionais, bases de datos de tesis doctorais, revistas científicas,etc; para desta maneira obter información de diversas fontes e poder contrastar, facendo o proceso de búsqueda máis rico.

    Ao finalizar a clase a profesora pedíunos como tarea, que tratáramos de buscar material que nos axudara a descubrir como buscar e seleccionar información de maneira eficiente.

A este respecto sinalar que, a maioría de nós seleccionamos diferentes criterios cos que nos atopámos, para realizar buscas máis fiables, válidas e eficientes; pero tamén outros compañeiros se centraron na busca de diferentes buscadores.

   En relación ós criterios que se mencionaron e aos que forman parte da miña búsqueda autónoma, gustaríame destacar os seguintes: autoría,cobertura,actualización,lexibilidade,organización dos contidos e navegabilidade, son algúns deles.

    En canto ós buscadores, durante a clase tratáronse os seguintes:jerárquicos, multibuscadores (metacrowler,dogpile,yippy...), metabuscadores,buscadores de noticias, de archivos e buscadores de buscadores. Indagando na rede atopeime tamén con outras denominacións como: buscadores de portal, buscadores verticais e directorios.

    Logo destas clases puiden comprobar que son toda unha inexperta no que se refire a búsqueda de información na rede.

Para comezar, nin sequera tiña claro os criterios que debería de introducir no buscador, e a verdade e que dependendo da temática soía empregar palabras soltas, o que multiplica moito máis a cantidade de información que se atopa e dificulta a concreción do proceso. Si ben, tampouco coñecía a existencia de outro tipo de buscadores agás o Google, Google académico e Yahoo.

A este respecto considero que a partir de agora as miñas búsquedas na rede serán moito máis rigorosas, comenzando por algo tan sinxelo como é o de ter claro que é o que quero buscar?, cal é o obxectivo que pretendo?, xa que moitas veces non nos parámos a pensar un intre, se non que directamente nos lanzamos a búsqueda sen ter clara a dirección que seguimos.

Unha vez que se teña claro o obxectivo, debemos de plantearnos o instrumento que vamos a empregar, é dicir o buscador ou buscadores; e a continuación os criterios ou consignas que vamos a introducir.

Cando accedamos as distintas páxinas web,debemos de analizalas detidamente de acordo cos criterios que mencionei máis arriba  e no caso de que as seleccionemos, gardar sempre as direccións; debendo de obter información de distintas fontes para contrastar.

Se temos en conta estes pasos, estimo que poderémos realizar traballos de maior calidade e ser a lo menos un pouco máis profesionais.